A Igrexa de Santa Eufemia acolle outra edición do Certame de Música Sacra de Ourense
 
Coa Semana Santa chega outra edición dos concertos do Certame de Música Sacra de Ourense. Acadan 23 anos ininterrumpidos, e volven a contar coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Ourense. Do 16 ao 19 de abril, todos as 20:30 Hs., con entrada libre e gratuita ata completar aforo
 
 
 
 
15 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

A Igrexa de Santa Eufemia do Norte de Ourense acollerá un ano máis os concertos do Certame de Música Sacra que se desenvolverán entre o 16 e o 19 de abril, e que acada nesta ocasión a súa XXIII edición. Os concertos foron presentados este xoves coa participación na súa organización da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, que “continua así apostando por un evento xa consolidado na cidade que contribúe á programación de Semana Santa ofertando unha ampla variedade de espectáculos en torno a este estilo musical”, sinalou a titular desta Concellería, Isabel Pérez.

No acto tamén estiveron o párroco da Igrexa de Santa Eufemia, Manuel Mera, así como o representante do Bispado, Gustavo Pérez, entidade que colabora co programa e da que Pérez puxo en valor “o bó entendemento e diálogo entre ambas institucións”.
Na súa intervención Isabel Pérez destacou a “o grande número de adeptos que a música sacra ten na cidade”, e insistiu na fidelización de público acadado ao longo dos anos con esta programación musical estable.
Salientou así mesmo a importante presenza de artistas ourensás, especialmente na actuación da Banda Municipal de Música, habitual neste certame e que se recupera logo de dous anos sen participar deste ciclo.

A programación desta vixésimo terceira edición inclue tamén a actuación dos ferroláns “Proxecto Vocal Concerto Tempo”, cun repertorio clásico de música coral tanto culta como popular,  a Capela Madrigalista de Ourense, con máis de 30 anos de traxectoria, o cuarteto Quadro Helnes o os ourensáns Ars Anterga.
Todos os concertos desenvolveránse na Igrexa de Santa Eufemia, “un escenario de luxo cunha acústica inmellorable”, lembrou Isabel Pérez, a partir das 20.30 horas.
A entrada é libre até completar aforo.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google