Unha empresa especializada en traballos con amianto encargarase de demoler a cuberta dos Remedios
 
A Xunta de Goberno do Concello de Ourense deste xoves aprobou o plan de seguridade e saúde das obras de consolidación e democilión da cuberta da ermida dos Remedios. Por causa da existencia de fibra de amianto, a empresa adxudicataria dos  traballos retírase temporalmente para que sexa unha empresa especializada a que se encargue do asunto
 
 
 
 
15 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza deste xoves o plan de seguridade e saúde das obras de consolidación e demolición da cuberta da ermida de Nosa Señora dos Remedios. Plan que agora o Concello remitirá á Xunta de Galicia.
O Plan de seguridade ven complementar as previsións contidas no estudio básico incluido no proxecto de consolidación e demolición da cuberta con tella e fibrocemento incendiada da ermida, adaptando o mesmo ó sistema construtivo a emplear, así como ós medios e equipos a utilizar pola empresa construtora, tendo en conta o estado actual da ermida tralo incendio e a perigosidade de exposición ó amianto, consecuencia dos cascallos das placas de fibrocemento calcinadas e deterioradas.

Neste caso, ó existir traballos con perigo de exposición ó amianto, a empresa adxudicataria, Construcciones Mascareñas, subcontratará a obra de desamiantado as unha empresa especializada, inscrita no Rexistro de Empresas con Risco por Amianto (RERA).

Os traballos proxectados atópanse dentro da consolidación e demolición da cuberta incendiada da ermida.
Na fase de demolición da cuberta e limpeza, debido á posibilidade de exposición a fibras de amianto, subcontratarase a unha empresa especializada inscrita no RERA.
Nesta fase da obra con perigo de exposición ó amianto e ata que os valores da medición ambiental (índice de descontaminación) revelen que non existe risco de exposición de amianto na zona de actuación, non traballará ningún operario da contratista principal, actuando únicamente o persoal da empresa especializada na retirada de amianto e o de asistencia e control do desamiantado.

No mesmo acordo, a Xunta de Goberno require á adxudicataria, Construcciones Mascareñas e Hijos, S.A., para que presente compromiso de coordinación e vixilancia, xunto co Concello, do cumplimento das medidas de seguridade, declaración de coñecer as disposicións en vigor en materia de seguridade e hixiene no traballo e de ter na obra a documentación legalmente esixible.

A aprobación do plan de seguridade é requisito previo para que podan comezar as obras de consolidación e demolición da cuberta da ermida, ás que o Concello destinará un investimento de 45.848,89 euros. Trala declaración de ruína inminente da capela o pasado mes de xaneiro, o Concello requeriu ós propietarios a adopción de medidas urxentes de seguridade, demolición e consolidación. Pasado o prazo correspondente, e dado o estado de perigo no que se atopa o citado ben, tanto para as persoas como para as cousas, procederase á execución subsidiaria do mesmo.

A xefa de Planeamento e Xestión e Áurea Soto na comisión técnica de Urbanismo Xunta-Concello

Na mesma sesión, a proposta da Concellería de Urbanismo, de acordo co solicitado polo conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Urbanismo para que o Concello de Ourense designe un representante na Comisión de carácter Técnico e Xurídico para a aplicación do artigo 96 da LOUGA, a Xunta de Goberno Local acordou designar representante á Xefa de Servizo de Planeamento e Xestión do Concello de Ourense.

Deste xeito, será esta persoa a que se integre no grupo de traballo técnico para plantear de xeito conxunto a mellor solución á situación urbanística da cidade, unha vez que por sentencia do Tribunal Supremo quedou anulado o Plan de Urbanismo de 2003.
O alcalde da cidade xa comunicou á Xunta este mesmo xoves dita designación.

Así como a de Áurea Soto, concelleira de Urbanismo, en representación do Grupo Municipal do PSOE, designación formalmente comunicada ao rexidor municipal polo voceiro do Grupo do PSdeG-PSOE, Demetrio Espinosa.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  El Concello acomete las “obras de emerxencia” de Os Remedios antes de que la cubierta de la Capilla se venga abajo  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 15, JUEVES
 
El PP acusa al Concello de Ourense de pagar con dinero público el hobby de un concelleiro
Entregadas 4.700 firmas contrarias al peche del Hospital de Piñor los meses de verano
El PSOE acusa a Martínez de mentir al manejar las cifras de las inversiones de la Xunta
El BNG pide al Concello de Barbadás que resuelva los problemas en la recepción de la TDT
Desmantelada una red con base en O Carballiño que estafó a más de 200 extranjeros
 

 

Añade OuD a tu Google