Pérez Pouza di que a limpeza do banco de algas do Támega en Verín non pode agardar até o mes de xuño
 
Ao saberse que a Confederación non prevé actuar até o mes de xuño, o senador Pérez Bouza pide no Senado que, de inmediato, se retire o banco de algas que existe no río Támega a altura de Verín. O senador nacionalista subliña a necesidade das tarefas de limpeza, xa que o estado do río é “lamentábel, cun aspeito de suciedade e un olor que se agudiza co calor”
 
 
 
 
14 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

O senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, rexistrou este mércores unha iniciativa parlamentaria na Cámara Alta para demandar á Confederación Hidrográfica del Duero que, canto antes, emprenda unha actuación no río Támega, á altura de Verín, para limpar o banco de algas que se atopan no río neste punto dende o mes de marzo.
Pérez Bouza lembra que se trata dun “fenómeno habitual que se produce coa chegada das altas temperaturas”. Por iso, sinala, “é preciso que a Confederación adopte medidas para afrontar o problema de maneira automática cada ano.  

O senador do BNG descrebe o estado do río como de “lamentábel, cun aspeito de suciedade e un olor que se agudiza co calor. Unha situación que preocupa ao concello tamén pola proximidade da praia fluvial situada nunha das marxes do río”.
Pérez Bouza afirma que a cercanía do verán e das vacacións, “pón sobre a mesa a necesidade de resolver este problema canto antes. Máis, correspóndelle á Confederación Hidrográfica do Douro actuar neste sentido posto que ten a competencia sobre este cauce do río”.

As informacións indican, dí o senador nacionalista, que a Confederación non prevé a realización de ningunha medida até xuño, e agora “só se limita a estudar medidas para acometer o problema”.
Por iso Pérez Bouza pide que se adopten actuacións inmediatas sen agardar a xuño e que solucións está a estudar respeito á invasión de algas que se repite cada ano.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google