O Auditorio de Ourense énchese das cores da obra do pintor Manuel Fernández Sucasas
 
O Auditorio Municipal de Ourense énchese de cor, cores de Fernández Sucasas coas que este espazo expositivo saluda a primavera. “Percorrido no tempo pola pintura de Sucasas” é o título da exposición do pintor Manuel Fernández Sucasas que e expón no Auditorio de Ourense dende este 13 de abril até o vindeiro 8 de maio
 
 
 
 
14 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

O Auditorio Municipal de Ourense convírtese unha vez máis en espazo expositivo para acoller unha mostra de lenzos do pintor galego Manuel Fernández Sucasas, mostra que se poderá visitar desde este 13 de abril até o 8 de maio este espazo da rúa da Canle, e que foi inaugurada este mesmo mércores.
A Concellería de Cultura continua así a apostar por converter  esta infraestrutura nun espazo cultural multidisciplinar onde “as artes plásticas convivan coas escénicas e as musicais, compartindo un gran público común”, sinalou no acto de inauguración a edil de área e Tenente Alcalde, Isabel Pérez. 
A colección de Fernández Sucasas recolle unha serie de obras ao óleo nas que dominan as paisaxes da montaña galega, nomeadamente a serra do Caurel.
Lenzos inzados de “luz e cor, que son as miñas paixóns e obsesións en pintura”, apuntou Sucasas.

Ao acto da presentación da mostra, que leva por título  “Percorrido no tempo pola pintura de Sucasas”,  asistíu tamén o doutor Braulio García Zamorano, amigo persoal do artista e autor do texto do catálogo que acompaña a mostra. Nel Zamorano destaca a búsqueda de Sucasas dun estilo propio e persoal “para expresar no lenzo o seu amor por Galiza, dándolle cor e integrando as características que nos definen, a nosa identidade como galegos”.
Pola súa banda Isabel Pérez destacou as cores vivas presentes na obra de Sucasas “tonalidades que nos activan e provocan sentimentos e evocan este tempo de primavera”.

Manuel Fernández Sucasas (Lalín, 1945) é un pintor prolífico, con máis de 200 obras producidas, que retrata nos seus lenzos tanto a paisaxe como os elementos humanos e arquitectónicos do rural galegos.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google