Fernando Varela anuncia unha Comisión Consultiva no Consello Municipal de Deportes do Concello
 
Fernando Varela, Isabel Pérez e o xerente do CMD explicaron nun encontro con persoas vinculadas ou interesadas nesta cuestión a sua perspectiva do deporte: a do deporte entendido como piar do benestar, ao tempo que “un dereito social”, dixo o actual concelleiro de Deportes do Concello de Ourense. Quen anunciou a creación dunha Comisión Consultiva no Consello Reitor do propio CMD
 
 
 
 
 
13 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

O deporte entendido como piar do benestar ao tempo que “un dereito social”. Así explicou o concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, número 3 da candidatura do BNG ás Municipais do vindeiro 22 de maio, Fernando Varela, a concepción que o Bloque Nacionalista Galego sigue a ter do municipalismo no eido deportivo.
Fernando Varela, ao que acompañou no acto de presentación do Programa do BNG en materia deportiva o xerente do Consello Municipal de Deportes, Manuel Rodríguez Mosquera, así como a cabeza de lista do BNG e candidata a alcaldía, Isabel Pérez, subliñou que “o deporte debe estar dirixido a todas e todos, independentemente da idade, xénero, descapacidades físicas, psíquicas ou sensoriales”.
Algo que cadra co que sostén a candidata á alcaldía, Isabel Pérez, que volveu a sinalar que o BNG “facemos unha cidade máis xusta, na que as persoas sexan o centro da acción política”.

En materia de deporte e lecer, o programa electoral do BNG fala de promover o deporte recreativo como factor de lecer para mellorar o estado físico, organizando competicións de carácter popular ou xornadas de deporte na rúa; a creación de circuitos de carreiras populares polos barrios ou de seguir potenciando o achegamento da cidadanía ás instalacións deportivas e aos eventos deportivos cunha política de prezos adecuada.
No abano amplo adicado no programa a eventos e instalacións deportivas, o programa do BNG propón a construción do complexo deportivo de Mariñamansa, cun polideportivo con adicación preferente á ximnasia e máis unha piscina, e tamén ampliar a rede de espazos deportivos, mellorando a oferta en Oira, As Eiroás, Velle, O Couto, A Farixa e Santa Cruz de Arrabaldo.

Fernando Varela sinalou que tamén no deporte se promoverá a coordinación e o crecemento do tecido asociativo deportivo, ao tempo que o desenvolvemento do Consello Municipal de Deportes, CMD, constituíndo unha Comisión Consultiva do Consello Reitor do CMD como órgano de participación de particulares e institucións vinculadas ao CMD.
En materia de deporte escolar, anúnciase a creación de diferentes escolas deportivas, ao tempo que, anunciou Fernando Varela, “promoverase a práctica deportiva nos barrios a través da optimización das infraestruturas existentes, e a creación de novos espazos polideportivos”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 13, MARTES
 
Acuña acusa a la Xunta de “desmantelar” la sanidad pública de Ourense con el cierre de Piñor
El BNG pide al Gobierno que se retrase el vaciado de Santo Estevo hasta, al menos, el 30 de mayo
Ya son 9 los concellos ourensanos declarados “zona catastrófica” por el viento del Xynthia
San Cibrao das Viñas recibirá 127.000 euros del Estado para compensar la media por habitante
Ourense convírtese ata o vindeiro venres no referente do medioambientalismo galego
 

 

Añade OuD a tu Google