Chega este domingo o penúltimo dos concertos das “Mañás no Palco” da Concellería de Educación
 
A Concellería de Educación do Concello de Ourense organiza o sexto concerto da actividade “Mañás no Palco-Música para a toda a familia”, que terá lugar este domingo, día 10 de abril, ás 12 do mediodía, no Palco da Alameda. A actuación deste domingo será a cargo do Grupo de Metais Santa Cecilia.
 
 
 
 
9 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

O departamento de Ana Garrido dá así continuidade a esta novidosa iniciativa, que consiste nun ciclo de concertos ó aire libre que se desenvolven o segundo domingo de cada mes no Palco da Alameda.
Deste xeito recupérase por unha banda a tradición de escoitar actuacións de bandas musicais os domingos pola mañá e, por outro, o uso deste espazo emblemático da cidade para esta finalidade.
“Mañás no Palco” pretende ser un lugar de encontro das familias ó completo, desde os cativos ata os maiores, onde desfrutar xuntos da música en directo dun xeito ameno e accesible nun lugar cargado de tradición.

Este será o sexto e penúltimo concerto do ciclo, despois dos ofrecidos pola Banda Unión Musical Ledesma, no mes de novembro, Coraliña Cantora da Pobra de Trives e Nenos cantores da Capela Madrigalista de Ourense, en decembro, a Banda de Música Municipal de Valga, en xaneiro, a Banda Artística de Merza en febreiro e a Banda de Música A Lira de Ribadavia, en marzo. O derradeiro concerto do ciclo será o domingo, 8 de maio, a cargo da Banda de Música Unión Musical de Valadares.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google