37 asociacións ourensáns participan este ano na VIII edición do Paseo pola Saúde do Concello de Ourense
 
Casi cuarenta asociacións ourensáns participan dende este xoves no Paseo pola Saúde, iniciativa coa que a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense conmemora o Día Mundial da Saúde. A mostra é aberta a todo o público que queira acudir a Praza do Bispo Cesáreo, onde se instalan as casetas que a acollen
 
 
 
 
7 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

Un total de 37 asociacións ourensás participan dende este xoves, día 7 de abril, na oitava edición do Paseo pola Saúde, que organiza o Concello de Ourense con motivo do Día Mundial da Saúde.
A Feira da Saúde "Paseo pola saúde", que leva a cabo a Concellería de Sanidade que dirixe Marga Martín estará ubicada na Praza do Bispo Cesáreo (Alameda), entre as once da mañá e as dúas e as cinco e as oito e media da tarde.

A mostra, aberta a todo o público que desexe asistir, permitirá como en anos anteriores realizar diversas probas sanitarias gratuítas nos stands como valoracións antropométricas, probas de alcoholemia, medición da tensión arterial, glucosa, peso, etc. Asimesmo, haberá obradoiros de memoria e baile, cociña creativa ou debuxo infantil, entre outros.
Unha das novidades desta edición consistirá na exposición denominada "O túnel do colon", que a Asociación Española contra o cancro manterá os dous días, co obxectivo de sensibilizar ós participantes sobre o cancro de colon.
Nestes dous días, todas as farmacias da cidade apoiarán a actividade coa realización de probas sanitarias gratuítas e a difusión do lema deste ano: "A resistencia ós antimicrobianos".

A concelleira de Sanidade e Benestar Social, Marga Martín, amosou este mércores na presentación pública da actividade o agradecemento ás asociacións participantes polo seu respaldo, “que fai posible a realización do evento”.
Marga Martín recoñeceu o "importantísimo traballo que as asociacións realizan día a día”, e animou a tódolos cidadáns a “aproximarse ó recinto e aproveitar para establecer un contacto directo coas asociacións”.

O Día Mundial da Saúde, organizado pola Organización Mundial da Saúde, xira este ano 2011 en torno ó lema "A resistencia ós antimicrobianos". O obxectivo da celebración é fomentar entre a poboación medidas que poidan mellorar a nosa saúde.
Os antimicrobianos son medicamentos empregados no tratamento das infeccións, causados por bacterias, fungos, parasitos ou virus. Entre antimicrobianos atópanse os antibióticos, algúns axentes quimioterapéuticos, os antifúnxicos, os antiparasitarios e os antivíricos.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google