Chega para “ensinar deleitando”, dixo Isabel Pérez, o III “OUff Escola” do Festival de Cine de Ourense
 
Foi presentado este mércores o “OUff Escola” do Festival Internacional de Cine de Ourense, que chega, en palabras da concelleira Isabel Pérez e presidenta do Consorcio do OUFF, como “un esforzo que xa perseguían os profesores da Roma clásica, ensinar deleitando”. Dobre obxectivo: potenciar a lingua galega e a creatividade audiovisual entre a mocidade
 
 
 
 
6 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

O certame de cine para escolares do Festival de Cine Internacional de Ourense, o OUff Escola, presentou este martes a súa terceira edición coa presenza de Isabel Pérez, concelleira de Cultura e presidenta do Consorcio para o Festival de Cine, e de María Cristina Rubal González, subdirectora xeral de Planificación e Dinamización Lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística, representantando os organismos que colaboran co desenvolvemento deste cerame, o OUff, o Concello de Ourense e a Xunta de Galicia.

OUff Escola persegue o dobre obxectivo de potenciar a lingua galega entre a mocidade ao tempo que a súa creatividade audiovisual. “Porén”, engadiu Isabel Pérez, “achegarse á percepción socio cultural dos participantes, fomentar o traballo en equipo e certa actitude crítica, así como asimilar a linguaxe das tecnoloxías da información e da comunicación” entre os novos. Intencións recollidas nas recomendacións que fai a Unión Europea en materia de Alfabetización Mediática, das que o OUff Escola non é máis que unha ferramenta. Ou, en palabras de Pérez, “un esforzo que xa perseguían os profesores da Roma clásica, ensinar deleitando”.
Pola súa banda, Cristina Rubal aplaudíu esta iniciativa “pioneira e escaparate inmellorable para os escolares”, destacando ademais que o audiovisual supón actualmente “unha saída laboral importante”.

No referente ao concurso, as bases non difiren moito das de anos anteriores salvando, como novidade desta edición, a inclusión dun premio do público, aínda que sen dotación económica.
O xurado serán os propios visitantes da web (www.ouff.org) que votarán os traballos expostos na mesma.

Bases

- Dúas categorías principais: a de Ensino Infantil e Primario, por unha banda, e pola outra todos os demais niveis de ensino non universitario (agás as escolas oficiais de Imaxe e Son)
-Poderá participar o alumnado matriculado en centros públicos e privados de ensino NON universitario da Galiza durante este curso 2010-2011, así como aqueles de fóra da Galiza que teñan no seu currículo materias de e en lingua galega.
- A participación realizarase sempre baixo a titoría dun profesor ou profesora responsábel do proxecto.
- Todos os traballos estarán en lingua galega
- Deberán ser orixinais, non comercializados e non premiados anteriormente
- Existen tres modalidades: ficción, documental e animación.
- A duración do proxecto non pode exceder dos 20 minutos.
-  A temática é libre.
- Repartiranse 2.600 € en premios (para cada modalidade: primeiro premio de 600 €, segundo de 400 € e premio Blanco Amor ao mellor guión: 300 €)

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Isabel Pérez  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google