O BNG expresa todo o seu apoio e refrendo á manifestación do xoves en defensa de Sanidade Pública
 
Ao pasar revista ás numerosas actuacións desenvolvidas nas institucións municipais, provincial e autonómica, o BNG chega  conclusión de que o PP non quere porque a Sanidade Pública non lle interesa. Os nacionalistas expresaron nunha comparecencia pública este martes o seu apoio e adhesión a manifestación deste xoves, día 7 de abril, en Ourense, á que invitan a participar a toda a cidadanía
 
 
 
 
 
6 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

“Ante o retroceso que estamos a presenciar na calidade dunha sanidade que é de todos os cidadáns, o BNG defende e defenderá un servizo básico que tanto custou e que o Partido Popular quere agora privatizar amparándose na crise económica”, afirmou a candidata do BNG á alcaldía de Ourense, a actual Tenente de alcalde, Isabel Pérez, ao comparecer públicamente este martes para amosar o seu apoio e adhesión á manifestación convocada para este xoves na cidade pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública.
Isabel Pérez convidou á cidadanía a sumarse á manifestación e pór freo “ao modelo de privatizacións que impulsa o Partido Popular”, nunha comparecencia na que estivo acompañada por polo portavoz do BNG na Deputación de Ourense, Xosé Manuel Fírvida, e polo parlamentario nacionalista Alfredo Suárez Canal.

Precisamente Suárez Canal lembrou que o BNG ten desenvolto iniciativas en defensa da sanidade nas tres institucións. Para Suárez Canal iso amosa a importancia que o BNG dá a un servizo que é piar fundamental do Estado do Benestar.
Segundo Isabel Pérez “as alarmas dispáranse ante a actitude da Xunta coa sanidade pública, especialmente na nosa provincia, onde o trato discriminatorio é moi visíbel. Para o Partido Popular a saúde non é un dereito universal, senón unha forma de facer negocio e asistimos a unha estratexia política que deteriora o sistema sanitario público, promovendo a súa privatización. Xa empezan a falar da introducción do copago”, advertíu a tamén candidata á alcaldía de Ourense nas vindeiras municipais, quen subliñou que “o BNG non se resigna a que este modelo sanitario, clásico da dereita, chegue a bo termo”.

Xosé Manuel Fírvida, pola súa banda, sinalou que “a Consellería de Sanidade non só non está a promover novas obras ou infraestruturas necesarias, senón que pecha ou contempla sen máis o constante deteriorio das xa existentes”, facendo mención ao anunciado peche do Hospital Psiquiátrico de Toén e o traslado de doentes ao hospital de Piñor coa conseguinte redución de camas. “A masificación está chegando a níveis insportábeis, con enfermos hospitalizados nos corredores de Urxencias e cambios constantes nas camas, até con traslados mesmo en camións de mudanzas”.
Lembrou que o BNG presentou senllas mocións en pleno da Deputación. “Pero se hai 4 meses o señor Baltar se comprometía ao mantemento das infraestruturas hai só un mes votaba en contra das nosas propostas desculpando o comportamento da Consellería de Sanidade”, unha actitude que Fírvida interpretou como “connivencia entre o PP ourensán e a Xunta pola privatización sanitaria”.

Estas propostas tamén tiveron eco no Parlamento de Galiza, onde o grupo nacionalista, segundo explicou o deputado Alfredo Suárez Canal, xa puxo de manifesto como os orzamentos de 2010 e 2011 supuñen a paralización do Plan Director de Reforma e Ampliación do CHOU e  “néganlle os recursos máis elementais a institucións clave da provincia como os hospitais de Verín e Valdeorras”.
O BNG presentou unha Proposición non de Lei no Hórreo, pendente de debate, “na que falamos do deterioro da sanidade na provincia e como se limita o acceso a un servizo público amparándose na escasez de recursos económicos”.

Na comparecencia deste martes, os representantes do BNG deixaron clara a súa postura de apoio a movilización do vindeiro xoves, día 7 de abril, ao tempo que invitan a toda a cidadanía, colectivos sociais e forzas vivas de Ourense a sumarse a esta medida de protesta contra a política sanitaria da Xunta de Galicia e en defensa da Sanidade Pública de Ourense.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  MANIFIESTO DE LA PLATAFORMA POLA DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DE OURENSE  
  La Plataforma en Defensa da Sanidade Pública quiere este jueves una manifestación multitudinaria en Ourense  
  Los representantes de los trabajadores piden no menos de 90 camas de Medicina Interna en Piñor  
  Elaborado el Manifiesto de la Plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Ourense  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 6, MARTES
 
Antes de acabar el verano saldrá a información pública el nuevo enlace San Cibrao-Autovía A-52
El Parque de Pereiro de Aguiar dispone de 36 nuevas parcelas y reúne más de 400.000 ms.2
El BNG propone a Fomento reducir de 14 a 6 meses el plazo del anteproyecto del AVE Ourense-Vigo
Los trabajadores del Hospital de Piñor inician protestas contra el cierre del próximo verano
López Vidal recórdalle á Xunta que o bipartito xa deixara licitada esta conexión
 

 

Añade OuD a tu Google