Volven outro ano as actividades de Amencer para a ponte de Semana Santa, co apoio do Concello
 
Un ano máis, e xa van catro, Amencer xa ten preparada outra oferta de actividade para a ponte de Semana Santa. Este luns presentouse o programa  de actividades “Tempos de Diversión”, campamento urbán dirixido a rapaces de 6 a 14 anos que se desenvolverá os días 18, 19, 20 e 25 de abril. Dende o Concello plantéxase tamén como unha solución nestas datas para a conciciliación familiar e laboral
 
 
 
 
5 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

Por cuarto ano consecutivo a Concellería de Xuventude e Voluntariado con Concello de Ourense colabora coa Asociación Xuvenil Amencer para o desenvolvemento de alternativas de lecer infantil durante as vacacións escolares de Semana Santa que se aproximan.
Este luns presentouse o programa  de actividades “Tempos de Diversión”, campamento urbán dirixido a rapaces de 6 a 14 anos que se desenvolverá os días 18, 19, 20 e 25 de abril, datas festivas no calendario escolar pero non no laboral.

Tal e como explicou a Concelleira de Xuventude  e Igualdade, Marta Arribas, a iniciativa materializa “o noso compromiso coas nais e pais da cidade facilitándolles a conciliación familiar e laboral”.
Así, a concelleira do BNG  explicou que se trata de “dar ás familias solucións a ese tempo no que por motivos laborais non poden atender aos seus fillos e fillas, facilitándolles un entorno educativo, de lecer e convivencia onde saben que os rapaces recibirán a mellor das atencións”.

A actividade, na que xa é posible comezar a inscribirse, foi presentada no Salón de Plenos do Concello nun acto no que a Concelleira de Xuventude, Marta Arribas, estivo acompañada polos representantes de Amencer, Xulio César Iglesias e Laura Valcárcel, dos que a propia Marta Arribas destacou “a labor coordinada e a longa experiencia en lecer infantil e xuvenil” coas que conta esta asociación.
Desde a posta en marcha desta iniciativa, “compromiso desta Concellería a prol da conciliación familiar”, Tempos de Diversión ten medrado en participación, e o pasado ano rexistru máis de 150 participantes, nenos e nenas de 25 colexios diferentes da cidade fronte aos poco máis de 50 que participaron na primeira convocatoria.
Tanto a edil como os membros de Amencer manifestaron que “o incremento na demanda manifestado polos pais e nais  sirve como a mellor das motivacións para continuar coa actividade”.

Tempos de Diversión  comprende catro días de actividades en horario de tarde e mañá que teñen a cidade de Ourense como protagonista.
Tal e como explicou Xulio César Iglesias “os rapaces teñen un radio de acción en clave de lecer moitas veces limitado aos seu barrio e a súa casa, o que buscamos é que descubran a súa cidade e sexan quen de desfrutala como propia”, un elemento do que Marta Arribas destacou a súa importancia xa que “é necesario que os propios cidadáns, comezando este caso polos máis novos, reinvindiquen e ocupen os espazos urbáns, descubrindo as posibilidades de Ourense como unha cidade da que sentirse orgullosos de vivir”.
Así, as actividades trasladaránse aos parques da cidade (Barbaña e Miño), as zonas termais, a Praza Maior ou os Xardíns Padre Feijoo, e mesmo serviránse tamén das propias infraestruturas culturais da cidade como é o caso do Auditorio, onde o martes 19 está previsto unha sesión de cine.  En caso de que chuvia e mal tempo Amencer propón trasladar as actividades ás instalacións da asociación, convertidas nunha “Casa Divertida” con xogos de mesa, ordenadores, consolas, futbolíns, animación a lectura e vídeo.

Tempos de Diversión desenvolveráse en sesión de tarde e mañá, en horarios de dez e media a unha e media da tarde,  e de catro a sete, e as inscricións xa poden realizarse tanto na propia asociación (Praza de Don Bosco, 1) como nas oficinas da Concellaría de Igualdade (R/Concordia, 20, entrechán) ou Xuventude (Praza de San Martiño, nº 2)

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Fotografía : JOSÉ CERDEIRA   
   
  Marta Arribas  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google