Comezan este luns as actividades para nenos dos centros cívicos de A Ponte e As Termas
 
Este luns o Concello de Ourense inicia os programas de actividades nos centros cívicos de A Ponte e As Termas, con actividades para nenos e cursos de ximnasia, informática e bailes de salón
 
 
 
 
4 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense abre dende este luns, día 4 de abril, o prazo de inscrición nas actividades para nenos e adultos que organiza o Concello no Centro Cívico A Ponte, sito na rúa Eulogio Gómez Franqueira, 43, e no Centro Cívico As Termas (O Pino). Tódolos interesados poden solicitar estas actividades ata o día 9 de abril entregando a correspondente solicitude no centro cívico onde se desenvolven. O único requisito é cubrir a solicitude e estar empadroado en Ourense.

Según informa o departamento de Marga Martín, no Centro Cívico de A Ponte abrirase a Ludoteca en horario de luns a venres de 17:30 a 20:00 horas e os sábados de 10:30 a 13:00 horas, para nenos de entre 3 e 8 anos.
Os sábados haberá actividades para escolares de Infantil e Primaria, de 10:30 a 13:00 horas.

Polo que respecta ao Centro Cívico de As Termas, con horario de luns a sábado de 10:00 a 13 horas e de 16:30 a 20:00 horas, tamén se abrirá a Ludoteca de luns a venres de 17:30 a 20:00 horas, para nenos de entre 3 e 8 anos.
E tamén haberá actividades para os nenos de Infantil e Primaria de 10:30 a 13:00 horas.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google