O Senegal móstrase a Ourense este sábado na Praza Maior noutra xornada de confraternización
 
Outro ano, os veciños do Senegal montan a súa festa na Praza Maior de Ourense, festa de exaltación do seu país pero coa que tamén queren dar a coñecer aos veciños ourensáns a súa cultura, folclore, danzas e, por suposto, a gastronomía do Senegal. Este sábado dende as 12 do mediodía
 
 
 
 
2 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

A Praza Maior de Ourense acollerá ese sabado, día 2 de abril, a partir das cinco da tarde as actividades de celebración da Festa Nacional de Senegal, actividades que están organizadas pola Asociación de Inmigrantes Senegales de Ourense coa colaboración da Concellería de Benestar Social do Concello de Ourense.
Ao igual que o ano pasado, as propostas da celebración inclúen gastronomía do país, exposición e venta de arte do Senegal, folclore popular e actividades para nenos.

Nesta celebración, os veciños senegaleses ofrecen aos ourensáns varios pratos típicos do seu país. Neste caso, así como no da venda de arte, os ingresos serán destinados ao mantemento e prestacións da Asociación de Inmigrantes Senegaleses en Ourense e ás súas actividades.
Música e baile deste país que dará colorido e ambiente á esta actividade, completa a oferta desta xuntanza de exaltación da cultura senegalesa e de confraternización entre a veciñanza.
Os máis pequenos disporán tamén de actividades específicas para eles, a través das cales tamén poderán coñecer aspectos da cultura senegalesa a través de documentales.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 

 

Añade OuD a tu Google