Manuel de Dios recibe este sábado a Medalla de Ouro de Ourense a título póstumo que lle entrega a Deputación
 
A Deputación de Ourense rinde tributo este martes a Manuel de Dios, ao que imporá a título póstumo a Medalla de Ouro da provincia. Profesor, poeta e musicólogo ourensán, Manuel de Dios faleceu o 12 de novembro de 2009 aos 79 anos, e 219 adhesións avalan o este recoñecemento
 
 
 
 
2 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

A Deputación de Ourense honrará a memoria de Manuel de Dios co acto oficial de entrega da Medalla de Ouro da provincia a título póstumo ao que fora profesor, poeta, musicólogo ourensán falecido o 12 de novembro de 2009, aos 79 anos. O acto terá lugar no Salón de Sesións do Pazo Provincial, sede da Deputación de Ourense, este sábado a partires das 12 do mediodía.

A institución provincial ourensá iniciou o procedemento para a posta en marcha dun expediente de honra que desembocou no acordo de concesión, por unanimidade, da Medalla de Ouro da Provincia, a título póstumo, procedemento que se puxo en marcha á morte de Manuel de Dios.
Recorda a Deputación de Ourense que a proposta inicial foi realizada polo propio presidente da Deputación, José Luis Baltar, sendo o instrutor do expediente o deputado provincial de Cultura, José Luis Valladares.
Recibíronse en total 219 adhesións por escrito. Entre elas figuran diversos medios de comunicación, fundacións, entidades culturais, institucións, representantes empresariais, grupos políticos, representantes de institucións públicas galegas e numerosos cidadáns a título particular. Todos recoñeceron o intenso labor que nos eidos da educación, da creación poética e musical desenvolveu Manuel de Dios ao longo da súa vida e apoiaron a concesión por parte da Deputación provincial de Ourense da Medalla de Ouro da provincia a título póstumo.

O acto estará presidido polo titular da institución, José Luis Baltar, e nel lembrarase a faceta poética e musical de Manuel de Dios coa lectura dalgunha das súas poesías e a interpretación de dúas pezas compostas por el a cargo do Grupo Vellos Amigos de Manuel de Dios, que el dirixía no momento de falecer.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 

 

Añade OuD a tu Google