A Xunta de Goberno despacha trámites das obras no Parque dos Pulmóns y na rúa Río Mao de A Ponte
 

A Xunta de Goberno do Concello de Ourense deste xoves deu o visto e prace ao expediente de contratación e prego de cláusulas das obras de remodelación do Parque dos Pulmóns. Terán un orzamento de 354.00 euros. De casi o doble dispoñen as de humanización da rúa Río Mao, tamén na Ponte, que se adxudican provisionalmente

 
 
 
 
1 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa xuntanza semanal deste xoves, o expediente de contratación e prego de cláusulas para adxudicar mediante procedemento aberto as obras de remodelación do Parque dos Pulmóns, sito na Praza de San Rosendo. O proxecto suporá un investimento de 354.000 euros.
Explica o Concello de Ourense, que coa actuación proxectada dotarase ao recinto dunha completa área de xogos infantís con diversos elementos para nenos combinándoa coa restauración e mantemento das actuais zonas verdes.
Tamén se renovará o pavimento  da actual zona de beirarrúas que separa ambos recintos, eliminando o seto interior para favorecer a mobilidade, aproveitando as actuais aliñacións do arborado para sombra.

O Parque dos Pulmóns é un espacio público municipal de 2.221 metros cadrados de superficie que fora acondicionado no seu día pola promotora que construíu o edificio que o bordea, creando dúas zonas verdes con forma de pulmón separadas por unha rúa onde a zona reservada a xogos infantís é moi reducida. A zona experimentou un notable crecemento urbanístico, sendo este espacio moi utilizado por nenos e mozos.  
A intervención inclúe a instalación de contenedores soterrados para recollida de lixo, con 5 contenedores metálicos de 3.200 litros (2 para materia orgánica, 1 para plásticos, 1 para papel e 1 para vidro).
No paso de peóns que enlaza ambos pulmóns ubicarase un redutor de velocidade. Instalaranse novos bancos, papeleiras e diferentes xogos infantís (tobogán, balancíns, columpios, un arriero, conxunto de torres, carrusel, exercicio con rede, entre outros).

Adxudicación provisional da humanización da rúa Río Mao na Ponte

Tamén a Xunta de Goberno Local deste xoves procedeu a adxudicar de xeito provisional as obras de acondicionamento de espazos urbáns na rúa Río Mao, no barrio da Ponte, que executará a Concellería de Infraestruturas. O proxecto, orientado a humanización deste vial buscando fomentar a actividade comercial na rúa, comprende intervencións en beirarrúas e calzadas, renovación de mobiliario urbán, alumeado e vexetación, así como renovación das infraestruturas soterradas de abastecemento e saneamento.
A acción conta cun orzamento de algo máis de 692.000 euros.

Con esta intervención a Concellería de Infraestruturas que dirixe o edil nacionalista Manuel Herminio Iglesias di ampliar o programa de humanizacións na zona Ponte-21, onde xa se desenvolveron actuacións nas rúas Río Bibei, Avia, Sil, Arenteiro e Támega e onde se ven de presentar outra actuación na rúa Alejandro Pedrosa, lembra esta Concellería.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  El Parque dos Pulmóns, próximo objetivo de la mejora de espacios verdes en la capital ourensana  
  El portavoz del PP dice que por donde pasa el Gobierno de Ourense no vuelve a crecer la hierba  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 1, JUEVES
 
El alcalde de Ourense advierte al gestarse la nueva caja gallega, que “Galicia non son só é Vigo e A Coruña”
El Concello de Ourense quiere tener la “Horta Interxeracional e Educativa” operativa para octubre
Cultura del Concello de Ourense dice que la programación del Xacobeo “vai a impulsos” en toda Galicia
El Concello sigue mejorando sistemas de alumbrado para ahorrar 18.000 euros/año
La Plataforma sanitaria de Ourense pide a Núñez Masid que no cierre camas de Piñor este verano
 

 

Añade OuD a tu Google