A web do concurso Redescubre a Cidade Vella contabiliza xa 500 fotos a concurso e 12.000 votos
 
Xa son máis de 500 fotografías as que se presentaron a concurso do Redescubre a Cidade Vella que convocou a Concellería de PERIs do Concello de Ourense. 20.000 persoas visitaron a web que se creou para este premio e xa se contabilizan 12.000 votos. Aínda hai tempo para presentar traballos ata o 14 deste mes
 
 
 
 
 
12 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

Desde a súa posta en marcha o pasado 18 de marzo, a web do concurso Redescubre a Cidade Vella, concurso adicado a buscar  instantáneas do Casco Histórico Ourense cando se cumple 15 anos da súa declaración como zona PERI,  acumula 100.000 páxinas vistas, 20.000 visitantes e preto de 12.000 votos emitidos sobre as máis de 500 fotografías que participan, segundo da conta a Concellería de PERIs do Concello de Ourense.
As cifras, cando aínda falta unha semana para que remate o prazo de participación, corroboran a boa acollida que a proposta está a ter na cidade, un éxito rotundo que a Concelleira de Vivenda, PERIs e Bic das Burgas, a edil nacionalista Iolanda Pérez Docampo valora como “moi positiva e exempro da sensibilidade e o aprecio que os veciños e veciñas da cidade teñen co seu Casco Histórico, un espazo urbán revitalizado que xa comezamos a valorar como se merece”.

O prazo para participar no concurso Redescubre a Cidade Vella permanecerá aberto até as 24:00 horas do vindeiro 14 de abril, e as votacións poderán realizarse até o día 24.
O certame comprende dúas categorías con tres premios cada unha: a primeira na modalidade on line, con votos emitidos polos propios usuarios da rede a través da páxina web e as redes sociais Facebook e Twitter; e a segunda a escoller por un xurado que emitirá o seu voto o día 30 de abril.
En cada categoría se reserva un primeiro premio en metálico de 1.000 euros, mentres que o segundo posto recibirá unha estancia de fin de semana nalgún dos hoteis balneario do grupo Caldaria, e o terceiro será agasallado cunha cámara fotográfica cortesía da firma Bermello.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  WEB DO CONCURSO "REDESCUBRE A CIDADE VELLA"  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 12, LUNES
 
CC.OO no descarta movilizaciones ante lo que califica de “mercadeo” de Medio Rural
O borrador do decreto do Galego senta á mesma mesa a Baltar Blanco e a Jiménez Morán en Verín
Más de medio millón de euros costará reformar y ampliar la piscina municipal cubierta de Verín
Toma posesión como nuevo Jefe de la Guardia Civil de Ourense el teniente coronel José Francisco Martínez
Comienzan las obras del tramo del paseo fluvial desde O Muiño da Veiga hasta Outariz
 

 

Añade OuD a tu Google