López Vidal acusa a Xunta de Galicia de mentir en sede parlamentaria e pide responsabilidades
 
O que aparece publicado nos medios de comunicación leva a sospeitar ao parlamentario do PSdeG, Pablo López Vidal, que a Xunta metíu en sede parlamentaria e fai agora na ponte do Badella, en Bande, o que fai 33 días dixo no Parlamento que non faría. O deputado socialista advirte da gravidade dos feitos de confirmarse as informacións, e pide reponsabilidades
 
 
 
 
8 de ABRIL de 2011: OURENSE DIXITAL

O deputado socialista Pablo Xabier López Vidal denuncia as contradiccións entre a resposta da Xunta no Parlamento e o aparecido nos medios de comunicación respecto da ampliación da ponte sobre o río Badella, no concello de Bande, polo que pregunta no Parlamento quen asume as responsabilidades de mentir en sede parlamentaria no caso de confirmarse a información publicada nos medios, e as previsións que se manexan para ditas obras.

López Vidal lembra que o pasado 1 de marzo a Xunta respostou a unha pregunta parlamentaria formulada no seu día por escrito sobre as intencións da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas respecto da construción dunha pasarela peonil nesta ponte.
Concretamente, na resposta co número de de rexistro 61057, se decía por parte da Dirección Xeral de Infraestruturas que “non ten previsto actuar na estrada OU-411, a saída do núcleo de Bande”.
Sen embargo, transcorridos 33 días desta resposta parlamentaria aparece publicado nos medios de comunicación de Ourense que a Xunta está estudando como ampliar a ponte sobre o río Badella, e que na semana do 3 de abril se desprazaron técnicos da Consellería para estudar sobre o terreo as posibles solucións de ampliación desta ponte na estrada OU-411.

“Quen minte? Estamos a facer propaganda política coas necesidades de comunicación dos veciños de Bande?”, pregunta o deputado socialista ourensán.
López Vidal esixe explicacións, “pois non todo vale en política, e menos despreciar a sede parlamentaria”.
Si a información se confirma, matiza López Vidal, o deputado socilalista pregunta polo que pudo mudar nun mes para cambiar de criterio á hora de solucionar a necesidade de ampliar esta ponte en Bande, en que data estiveron os técnicos da Consellería e que solucións propoñen, o cronograma que manexa a Consellería para acometer a obra, e quen asume a responsabilidade de mentir en sede parlamentaria.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Pablo López Vidal  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google