Unhas Xornadas de Toponimia do 7 ao 9 de abril afondarán na identidade cultural ourensá
 
Do 7 ao 9 de abril Ourense acollerá as Xornadas de Toponimia que organiza a Concellería de Normalización Lingüistica do Concello coa colaboración da Universidade de Vigo. Os obxectivos desta actividade contempan o coñecemento da riqueza toponímica galega en xeral e ourensá en concreto, así coma o recoñecemento do seu valor identitario
 
 
 
 
31 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Ourense vén de presentar as Xornadas de Toponimia que se desenvolverán na cidade os días 7,8 e 9 de abril en colaboración coa Universidade de Vigo.
A actividade, dirixida a profesorado de primaria e secundaria, estudantado e a cidadanía en xeral, xurde “desde o convencemento de que os nomes dun lugar son parte esencial do patrimonio cultural da nosa comunidade, un símbolo da nosa identidade que temos que salvagardar”, explicou a Concelleira de Normalización Lingüística e Tenente Alcalde, Isabel Pérez, no acto de presentación desta actividade.

Neste acto acompañou á edil nacionalista a vicerreitora do Campus de Ourense, María Lameiras, quen destacou “os usos e aplicacións da toponimia, que sirven non só a filólogos e lingüísticas senón tamén a xeógrafos e historiadores como punto de partida das súas investigacións”.
A Concelleira de Normalización Lingüística apuntou tamén que “no termo municipal, desde varias asociacións de veciños teñennos comunicado o interese por afondar nas toponimias locais” razón pola que estas xornadas transpasan o ámbito académico para chegar ao conxunto dos veciños e veciñas de Ourense.
Pérez destacou o “estreito entendemento e colaboración institucional entre a Universidade e a Concellería” que posibilitou a posta en marcha desta actividade así como a “sensibilización pola formación” que se amosa.

A grandes rasgos, os obxectivos desta actividade contempan o coñecemento da riqueza toponímica galega en xeral e ourensá en concreto, así coma o recoñecemento do seu valor identitario. Procura unha sensibilización sobre a importancia destes estudos, a recolleita, conservación e transmisión dos nomes de lugar así como un achegamento as técnicas de estudo e o seu aproveitamento didáctico.
As xornadas son de inscrición gratuita e comprenden, ademais de sesións teóricas con presenza de investigadores como Gonzalo Navaza, Xose Lois Vilar, Vicente Feijoo Ares e Xulia Marques, unha saída de campo práctica no Montealegre “patrimonio natural pero tamén histórico desta cidade”, lembrou Pérez,  que estará guiada por Xilberte Manso.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Isabel Pérez  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google