Deputación de Ourense e Universidade de Vigo asinaron un convenio para realizar actividades culturais
 
A Deputación de Ourense refrendou o seu apoio á Universidade de Vigo asinando este mércores un convenio para a realización de diversas actividades culturais e deportivas, así como cursos e equipos de investigación
 
 
 
 
31 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL

O presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, asinaron este mércores un convenio entre a institución provincial e a Universidade para establecer liñas de colaboración en diferentes programas para o Campus de Ourense, entre os que destacan o desenvolvemento de equipos de investigación, actividades culturais e deportivas, cursos de extensión universitaria e a mobilidade dos alumnos en proxectos de estudos como os “Erasmus”.
O acto contou ademais coa presenza da vicerreitora do Campus de Ourense, María Lameiras.

Este convenio de carácter xeral contará cunha achega por parte da Deputación de Ourense de 260.000 euros, e en palabras de Salustiano Mato “ven a refrendar o apoio que ano tras ano ven dándolle a Deputación de Ourense ao Campus de Ourense, un esforzo que nos permite seguir mantendo un gran nivel de actividades para os alumnos do campus, polo cal a Universidade de Vigo quere expresar o seu agradecemento á Deputación de Ourense”,sinalou o reitor.

Pola súa banda, José Luis Baltar dixo que a institución provincial “sempre estivo, está e estará coa nosa universidade e co noso Campus de Ourense, do cal nos sentimos orgullosos. E a pesares destes tempos de crise, dende a Deputación cremos firmemente que temos que apoiar con todos os recursos posibles o desenvolvemento e o fomento da universidade e do Campus de Ourense porque é o mellor investimento que podemos facer para os nosos xóvenes”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
   

 

Añade OuD a tu Google