Fixada para o vindeiro 14 de abril a inauguración do restaurante das Pozas de Maimón
 
As obras marchan a bo ritmo e o remate dos traballos entrou na súa recta final. Así que a inauguración fixouse para o vindeiro día 14 de abril. Trátase do restaturante de As Pozas de Maimón, que explotará o restaurador ourensán José Luis Vázquez, con unha concesión de 10 anos non prorrogables. Empresario e concelleira de Termalismo visitaron este luns as obras
 
 
 
 
29 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL

O restaurante das Pozas de Maimón abirá as súas portas o vindeiro 14 de abril. Así o anunciou este luns a concelleira de Termalismo do Concello de Ourense, a nacionalista Ana Garza, que visitou o remate dos traballos que se está a producir nestas semanas, acompañada polo responsábel da empresa concesionaria das instalaciones, o restaurador José Luis Vázquez.
O futuro restaurante ocupará un  edificio de unha única pranta baixa e dous accesos, nunha estrutura envolvente a modo de caixa de cristal asegurando o aproveitamento da luz natural e cuxa distribución interior  comprende  área de comedor, aseos, almacéns, cociña.
A empresa concesionaria está a adecuar unha terraza mirador na parte posterior, de cara ao río Miño que permite “aproveitar ao máximo o emplazamento  e o carácter termal deste pavillón”, destacou Ana Garza. 
O novo local conta tamén cunha zona axardinada no contorno cuxo mantemento recaerá na propia adxudicataria así como un punto de información turística a modo dos que xa veñen funcionando en Outariz, San Francisco (Albergue de Peregrinos) e as Burgas.

A Concelleira de Turismo e Termalismo destacou “que se trata dunha infraestrutura cun emplazamento máis que atractivo e moitas comodidades” ao contar cun aparcamento anexo e boas comunicación, e fixo fincapé tamén na propia figura do adxudicatario, un empresario ourensán, “condición que era moi importante para a Concellería”.
Pola súa banda, Jose Luis Vázquez expresou a vontade de que as novas instalacións funcionen de xeito polivalente ofrecendo un menú diversificado e poder atender así ás demandas dos diferentes públicos que se acheguen até aquí, tanto excursións, como os propios usuarios da zona termal, grandes grupos, etc.

As obras do futuro restaurante do parques das Pozas de Maimón foron desenvoltas desde a Concellería de Termalismo con cargo ao FEIL 2009. A adxudicación, aprobada en Xunta de Goberno a 2 de decembro de 2010, recaeu en Jose Luiz Vázquez, cunha concesión a dez anos non prorrogables, recorda o departamento de Ana Garza.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Ana Garza  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 

 

Añade OuD a tu Google