Inaugurado o Centro Cívico “As Termas” do barrio de O Pino, o quinto de seis do actual Goberno
 
Ao de A Ponte síguelle o de O Pino, o novo Centro Cívico que inaugurou este luns o alcalde da cidade, Francisco Rodríguez. É o quinto de seis que acometeu o Goberno municipal nesta lexislatura, e bautízase como Centro Cívico “As Termas”. Queda por inaugurar o de Seixalbo, que xa está rematado e listo para ser utilizado
 
 
 
 
Fotografía : ÁNGEL G. PAZOS
 
29 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL

Os veciños das 256 vivendas protexidas do barrio do Pino xa dispoñen dende este luns dun novo Centro Cívico e Social que se ubica na Praza 200. O alcalde, Francisco Rodríguez, e a concelleira de Sanidade e Benestar Social, Marga Martín, entre outros membros da corporación municipal, asistiron inauguración e posta en marcha das instalacións, que dende este martes xa estarán abertas a tódolos veciños que o desexen.
A intervención, na que se investiron 193.000 euros con cargo ó Fondo Estatal para o Emprego e a Sustentabilidade Local, consistiu no acondicionamento dun local existente nun baixo do bloque 3 das Vivendas Sociais do pino, cun fronte cara á praza cívica do conxunto de vivendas de protección oficial e outro cara o río Miño.
Previamente á execución das obras, o Concello de Ourense adquiriu os locais por 250.000 con cargo ós Orzamentos Municipais.

O Centro Cívico pon a disposición de tódolos veciños de O Pino un espacio de 322 m2 para acoller as súas actividades de reunión, cultura, acceso ás novas tecnoloxías, usos recreativos e usos polivalentes.
O deseño arquitectónico aposta por definir espacios flexibles para que se poidan desenvolver os usos máis diversos. A superficie construída está repartida en dous locais, cunha sala polivalente –que funcionará como zona de lecer e lectura-, e unha sala de conferencias e reunións, área de informática e ludoteca, entre outras prestacións.

O Centro Cívico e Social do Pino e o quinto de seis da rede de centros cívicos que está a poñer en marcha o Concello nos diferentes barrios da cidade. A rede comezou en outubro de 2009 coa inauguración do Centro Cívico do Casco Vello, ubicado na rúa Colón, continuando co Centro Cívico de Ceboliño e o da Cuña. O pasado xoves entrou en servicio o Centro Cívico “A Ponte”, e proximamente será inaugurado o Centro Cívico de Seixalbo, segundo sinala o Concello de Ourense.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Los centros cívicos consuman importantes cambios hasta de la fisonomía de las zonas donde se ubican  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 

 

Añade OuD a tu Google