Rematan os cursos de redes sociais na web da Xunta de Galicia para galegos no exterior
 
Rematou o curso de formación “Redes Sociais na web e técnicas de hardware” financiado pola Xunta de Galicia, que suporán para os galegos na diáspora “unha arma máis” para encarar o futuro, segundo dixo o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, que acudiou á clausura en Zürich, Suiza
 
 
 
 
28 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL

O conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e o secretario xeral de Emigración, Santiago Camba, fixeron entrega na Fundación ECAP de Zürich dos diplomas aos 50 alumnos do curso de formación “Redes Sociais na web e técnicas de hardware”, financiado pola Xunta de Galicia.
No acto Rueda destacou o importante esforzo orzamentario que está a levar a cabo o Goberno autonómico para garantir os servizos máis básicos dos galegos, vivan onde vivan, especialmente en eidos tan importantes para a sociedade como son a Sanidade, os Servizos Sociais ou a Educación.

Precisamente neste último eido é onde se enmarca a acción formativa en informática que se desenvolveu no centro suízo e que segundo o conselleiro “enlaza a nosa responsabilidade como Goberno coa realidade dun país galego con múltiples existencias e realidades, fóra e dentro das súas fronteiras”.
Rueda destacou que a formación en informática e redes sociais que o Goberno vén de achegar á diáspora serviralle para “ intentar entender este mundo cambiante e intercambiar experiencias e esperanzas” con outros galegos de calquera parte do mundo e será unha “arma máis” para encarar o futuro.

Segundo o conselleiro, a través destas novas ferramentas informáticas a Xunta trata de espallar dentro e fóra do seu territorio unha mensaxe de esperanza para os galego de dentro e fóra de Galicia: “todos xuntos sairemos antes deste momento de afogo económico”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Alfonso Rueda, conselleiro de Presidencia  
     
  Noticias Relacionadas  
  Emigración quere vincular aos emigrantes galegos con Galicia a través da Rede  
     
     
 
 
     
 
 
 
   
   

 

Añade OuD a tu Google