Remataron as obras do Parque dos Carrileiros de Foula, agora 2.000 mts. cadrados máis grande
 
Os Carrileiros de Foula, ubicados na parte alta do recinto de San Francisco, xa teñen un Parque máis amplo e ao que se lle melloraron tamén os equipamentos. Remataron as obras que supuxeron un investimento de medio millón de euros con cargo aos plans do Estado, que ven de inaugurar o alcalde da cidade
 
 
 
 
 
28 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL

Unha vez rematadas as obras, o Parque de Carrileiros de Foula, que se ubica na zona superior do recinto de San Francisco, volve estar en funcionamento despois de que fora inaugurado polo alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, ao que acompañou o concelleiro de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa.
Agora o Parque pasa a ocupar unha superficie de 2.000 metros cadrados, e as obras leváronse a cabo con un investimento de algo máis de medio millón de euros con cargo ao Fondo Estatal de Sostenibilidade Local.

As medidas que se levaron a cabo neste espazo da cidade, segundo puxo de manifesto o propio alcalde, supoñen unha actuación integral de “mellora, posta en valor e ampliación do Parque dos Carrileiros”.
En realidade, a zona na que se intervíu son 3.600 metros cadrados, dos que 1.400 corresponden ao Parque que xa existía, 2.000 os que representan a ampliación propiamente dita, e outros 200 máis que conforman a conexión do Parque coa Rúa da Canle.
O proxecto acometeu, asimesmo, unha mellora dos equipamentos da Asociación Cultural Foula-Carrileiros, do seu Museo do Tren e do circuito, suprimíndose as barreiras arquitectónicas para ao acceso a este sitio de lecer.

“O obxectivo final é que o novo parque constitúa ademáis un novo eixo vertebrador da zona Este da cidade, unido ó adxacente Parque da Canle e o Botánico de Montealegre, que o Concello está a construír na actualidade”, sinálase dende o Concello de Ourense.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google