A directora de Comercio, Nava Castro, de visita a catro prazas de abastos da provincia de Ourense
 
As prazas de abasos da provincia de Ourense recibiron máis de 360.000 euros da Xunta de Galicia paa a súa dinamización. O dixo a directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Nava Castro, quen visitou este martes as prazas de Carballiño, Ribadavia, Celanova e Xinzo de Limia acompañada polo delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez
 
 
 
 
(ARCHIVO)
23 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL

A directora xeral de Comercio da Xunta de Galicia, Nava Castro, e o delegado  territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitaron este martes catro prazas de abastos da provincia de Ourense, as de Carballiño, Ribadavia, Celanova e Xinzo de Limia. Durante a visita, os representantes do goberno galego salientaron o apoio da Consellería de Economía e Industria a estes importantes espazos comerciais como dinamizadores e potenciadores da actividade comercial nas nosas vilas e cidades.
Nava Castro, que mantivo encontros coas praceiras e praceiros destes mercados de abastos para escoitar as súas demandas, lembrou que o departamento que dirixe Javier Guerra adxudicou o ano pasado unha partida global de 3,3 millóns de euros para a dinamización de 15 Prazas de Abastos e 49 Centros Comerciais Abertos das catro provincias galegas. Achegas que se fixeron ao abeiro das axudas establecidas no programa de subvencións destinadas a mellorar a competitividade destas organizacións comerciais.

En concreto, na Provincia de Ourense estas organizacións comerciais percibiron 361.000 euros para a súa dinamización nos concellos de O Carballiño, Celanova, Ribadavia, e Xinzo de Limia.
A directora xeral de Comercio sinalou que “tanto as Prazas de Abastos como os Centros Comerciais Abertos teñen un posicionamento estratéxico no desenvolvemento do comercio galego de proximidade”, de xeito que conforman un obxectivo estratéxico do Goberno galego establecido no Plan Ágora-Agora re-Comercia, dotado con case 130 millóns de euros.

Neste sentido, o delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, subliñou a aposta da Xunta por “transmitir os valores de calidade e proximidade do comercio tradicional”, e incidiu en que o goberno autonómico ofrece apoio económico concreto para o desenvolvemento dos Centros Comerciais Abertos “porque representan estes valores, potenciando a prestación de servizos e a atención personalizada ao cliente”, sinalou Rogelio Martínez.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google