O OUFF proxéctase ao público cativo co OUFF Infantil, unha escolla de 16 películas para nenos
 
Co ánimo de inculcarlle aos cativos o gusto polo cine ao tempo que estender a programación cinematográfico a todo o ano e a todos os públicos, o Festival de Cine Internacional de Ourense pon en marcha dende este sábado, 19 de marzo, o OUFF Infantil, unha escolla de 16 películas para os nenos
 
 
 
 
 
 
17 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL

Co ánimo de estender a súa programación cinematográfica a todo o ano e a todos os públicos, o Festival de Cine Internacional de Ourense ven de presentar este mércores, 16 de marzo, o OUFF Infantil, unha escolla de 16 películas de animación que se exhibirán todos os sábados (do 19 de marzo ao 28 de maio, exceptuando o parón de Semana Santa) pola mañá.
Isabel Pérez, presidenta do Consorcio para o Festival de Cine e concelleira de Cultura, destacou no acto de presentación do programa "a nosa intención de crear hábitos de cine para os máis cativos". Entre os obxectivos primordiais do OUFF está, precisamente, o da alfabetización mediática e o de educación audiovisual, "así como un complemento ideal para a programación teatral que desenvolve os domingos pola mañá a Concellaría de Cultura", sinalou a concelleira de Cultura.

As películas proxectaranse no Cinebox ás 11:30 horas, e as entradas terán un custe de 2€, "unha proposta de ocio axeitada para os petos de todas as familias", en palabras de Isabel Pérez, quen quixo destacar a presenza de pais nas sesións culturais para cativos.
A escolla das películas fíxose tendo en conta a repercusión do cine galego, por un lado, e polo outro en base á calidade da animación, especialmente a que está feita en Galicia.

“O Espírito do Bosque”, dirixida polo ourensán David Rubín; “O Cid, A Lenda”, Goya á Mellor Película de Animación en 2004; “O Soldadiño de Chumbo”; “A Flor máis grande do Mundo”, “A Revolda dos Mouses”; “Pinocho 3.000”; “A Tropa de Trapo”; son algunhas das películas que pasarán no OUFF Infantil que comeza este 19 de marzo.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Isabel Pérez  
     
  Noticias Relacionadas  
  Programación de Un Espazo de Cine de OUFF e Padre Feijóo para os meses de marzo a xuño  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 

 

Añade OuD a tu Google