O pintor Felipe Criado expón estes días no Centro Cultural da Deputación de Ourense
 
Composta de tres series, “Pompeyanas”, “Bombardeos de Santander” e “Debuxos e acuarelas”, o Centro Cultural da Deputación de Ourense acolle ata mediados do mes de abril a obra de Felipe Criado
 
 
 
 
 
14 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Centro Cultural da Deputación de Ourense acolle a exposición do pintor Felipe Criado, que baixo o título “Dende as vivencias 2007/2010” poderá verse ao longo dun mes no centro expositivo da Deputación.
Xa no acto de presentación do catálogo da exposición, o director do Centro Cultural, Francisco González Bouzán, dixo que Felipe Criado “representa a pintura con maiúsculas. O seu nome e a súa obra, dunha longa traxectoria, avalan a súa calidade, e agora os ourensáns teñen a oportunidade de disfrutar dunha exposición magnífica onde a realidade histórica, as formas e unha perfecta conxunción de cores conflúen nunha obra que non deixa indiferente”.

A mostra está composta de tres series: “Pompeyanas”, “Bombardeos de Santander” e “Debuxos e acuarelas”, espalladas pola sala expositiva da pranta baixa do Centro Cultural.

Felipe Criado cualificou ao Cultural de Ourense como “a mellor sala de exposición de Galicia”, e destacou desta a súa exposición o “excelente” traballo de montaxe fieto para a mesma.
Criado defínese como un anatomista artístico, onde a figura da muller ten a maior relevancia. “A muller é o eixo da vida, simboliza todos os estados da nosa existencia e por iso a miña obra ten cadencia cara á figura feminina”, sinalou o autor.   

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google