Novos sinais identifican no barrio de O Couto dende este xoves as tres rutas do Camiño Escolar
 
Entraron en servizo este xoves novos sinais que identifican o percorrido e puntos de encontro das 3 rutas establecidas no barrio do Couto polo Concello para que os alumnos do CEIP O Couto podan chegar a pé de forma segura ó seu colexio dentro do proxecto “Camiño Escolar”. É continuación dun proxecto que a concelleira de Educación sinala que ten tido tan boa acollida que “anima a dar novos pasos”
 
 
 
 
11 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL

A concelleira de Educación, Ana Garrido, e o xefe provincial de Tráfico da DGT David Llorente, asistiron este xoves á entrada en funcionamento dos novos sinais que identifican o percorrido e puntos de encontro das 3 rutas establecidas no barrio do Couto polo Concello para que os alumnos do CEIP O Couto podan chegar a pé de forma segura ó seu colexio dentro do proxecto “Camiño Escolar”.
Son, en total, 11 sinais coas identificacións de Camiño Escolar e Punto de Encontro, sitas en Praza do Couto, na subida da Rampa de Sás, rúas Francisco de Moure e Monseñor Xosé Alvarez, Praza Soroya, Villarreal (esquina con Ervedelo), Ervedelo (esquina con Xesús Soria), Fernández Mázas, entre outras, así como nas proximidades do colexio (entrada e saída do centro)

O proxecto Camiño Escolar da Concellería de Educación iniciou a súa andaina en 2009 no barrio do Couto.
“A boa acollida acadada entre a comunidade máis próxima ós escolares anima a dar novos pasos”, sinala a Concellería de Educación, entre os que están a ubicación destes novos sinais que visibilizan as rúas e os puntos de encontro que os nenos e nenas usan para comezar o seu itinerario diario de casa á escola.
Paralelamente, a análise destes percorridos permite aplicar melloras coa finalidade de favorecer a mobilidade con criterios de sostibilidade e seguridade.

“Ir andando á escola é unha práctica diaria que ademáis de favorecer o exercicio físico supón impulsar o modo de transporte máis sostible na cidade”, sinala a titular de Educación do Concello de Ourense, Ana Garrido.
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  “Camiño Escolar” fomenta o desprazamento dos escolares ourensáns a pé ou en bici  
  Comezan as “Patrullas escolares” no barrio do Couto para escolares de Primaria  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google