Vigo acolle este sabado, 12 de marzo, o encontro da Inmigración 2011 da Secretaría de Emigración
 
Vigo será escenario esta vez, este ano, do Encontro da Inmigración que se celebra este sábado, día 12 de marzo. Está organizado pola Secretaría Xeral de Emigración, e abrangue diversos actos ó redor da mostra “Galicia somos todos”
 
 
 
 
11 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL

O secretario xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba, será o encargado de presidir os actos do Encontro da Inmigración correspondente á súa edición deste ano, que nesta ocasión ten como lugar de acollida o Peirao de Transatlánticos da Estación Marítima de Vigo e que se celebrará este sábado, 12 de marzo.
As actividades darán comezo á cinco da tarde coa inauguración da exposición “Galicia somos todos”, unha mostra fotográfica que reflicte a testemuña de inmigrantes radicados en Galicia. Trátase dunha ollada ampla e plural sobre a poliédrica realidade da inmigración que nos rodea, fuxindo dos tópicos e facendo boa a máxima da nixeriana Joan John, unha das protagonistas da mostra: “A inmigración axuda a construír sociedades máis tolerantes”.

Así, na mostra convértense en embaixadores desa mensaxe un transportista arxentino, un músico angolano, unha comerciante venezolana, unha cociñeira romanesa, un guía e un hostaleiro brasileiros, unha estudante marroquí, un carpinteiro, un maquinista e unha veterinaria uruguaios, un escritor inglés, un camareiro cubano, outro polaco, outra máis paraguaia e máis outra mozambicana, un músico ruso e outra húngara, un mecánico islandés, un enxeñeiro escocés, unha esteticista nixeriana, un deseñador mexicano, e unha economista xaponesa.
Aínda que, ao final, amósase que a procedencia de cada quen é o menos importante: “Un é de onde está vivindo”, segundo testemuña o angolano Manuel Lopes.

Trala inauguración da mostra, terán lugar no mesmo enclave as actuacións musicais do grupo andino Macchu Picchu e do caboverdiano Batuko Tabanca, así como do cantante galego Carlos Bau. As actividades teñen sido organizadas pola Secretaría Xeral coa colaboración do Porto de Vigo, a Fundación homónima, e a Deputación Provincial de Pontevedra.

“Non é casualidade que se teña escollido Vigo como punto do Encontro deste ano, toda vez que, ademais de ser a cidade máis poboada da Galicia territorial, é a que máis número e maior porcentaxe de inmigrantes acolle”, sinala o depatamento de Santiago Camba.
Recentemente, a Secretaría ten organizado actividades similares noutros puntos xeográficos de relevancia na recepción de estranxeiros, como o porto lugués de Burela.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Santiago Camba, director xeral de Emigración  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 

 

Añade OuD a tu Google