O Concello de Vilar de Santos adicará a investimento produtivo o 60% do seu orzamento de 2011
 
O Concello de Vilar de Santos que rixe o nacionalista Jardón Pedras, convertese nun modelo de xestión económica ao aprobar os Orzamentos de 2011. A súa plantilla non chega a custar unha cuarta parte do que orzamenta, non hai endebedamento, a carga financeira non chega ao 1% e o Goberno adica a investimento produtivo un 60% do orzamento e decir, 740.000 euros dos 1,2  que gastará en 2011
 
 
 
 
7 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL

De “realistas”, “equilibrados” e de “clara vocación inversora”, califica o Goberno do BNG no Concello de Vilar de Santos que dirixe como alcalde Juan José Jardón Pedras, os orzamentos para 2011 que ven de aprobar a maioría deste Goberno municipal.
“Nunha coxuntura como a actual de crise económica, Vilar de Santos vai ter uns orzamentos que van permitir continuar e reforzar a nosa aposta clara polo aproveitamento e posta en valor dos recursos e das capacidades locais para dotarnos de infraestruturas”, sinala o rexedor municipal de Vilar de Santos.
Os orzamentos totalizan un pouco máis de 1,2 millóns de euros.

O Goberno salienta que con estos orzamentos se reflicte plenamente “o noso compromiso co control do gasto e aforro municipal”, xa que, por exemplo, a plantilla do Concello de Vilar de Santos non acada unha cuarta parte do gasto orzamentario, cando na meirande parte dos concellos da provincia ourensá sobrepasa o 33%.
No caso de Vilar de Santos, segundo as contas municipais as nóminas dos traballadores do Concello supoñen o 23,7% do orzamentado.
Outro dos sinais do saneamento da economía do Concello que dirixe como alcalde Jardón Pedras, é a ausencia de endebedamento, con unha carga financeira que non chega nin ao 1% (0,6%).
Refórzase a investimento produtivo, e o Concello consigue adicar a investimentos 740.000 euros, que son un 60% do orzamento.

Os orzamentos do 2011 priorizan o desenvolvemento de proxectos como o Impulso e a rehabilitación do Casco Histórico de Vilar de Santos, acción que conta con apoio do Estado a través dunha enmenzada aos PGE do propio estado do senador nacionalista Pérez Bouza; a venda dun primeiro lote de parcelas de solo industrial no Parque Empresarial de Vilar de Santos, de 190.000 metros cadrados; o reforzamento e a ampliación de servizos sociais comunitarios no Centro de Día, así como a aprobación do III Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes 2010-2014; así como abondar na mellora das infraestructuras, equipamentos e servizos públicos ao tempo que poñer en marcha o proxecto de recuperación da Aldea de Sáa, despois da recente recepción das obras.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Maceda y Vilar de Santos consiguen 800.000 euros en la negociación del BNG de los PGE de 2011  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google