Casi 46.000 euros custará desmontar o teito da capela dos Remedios e consolidar os muros
 
O Concello de Ourense ven de adxudicar os traballo de consolidación e demolición da cuberta da ermida de Os Remedios que ardeu a finais do mes de xullo pasado. Tratase das medidas urxentes que o Concello considera que se deben acometer en evitación de males maiores. Así mesmo, a Xunta de Gobierno concedeu licencia de obra para actividade cultural na planta baixa, e administrativa no resto das plantas, do edificio do Banco de España
 
 
 
 
4 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Xunta de Goberno Local vén de adxudicar na súa xuntanza ordinaria deste xoves a execución da consolidación e demolición da cuberta da ermida-santuario da Nosa Señora dos Remedios por un importe de 45.848 euros.
Trala declaración de ruína inminente da Capela o pasado mes de xaneiro, o Concello de Ourense recorda que requeriu aos propietarios a adopción de medidas urxentes de seguridade, demolición e consolidación. “Pasado o plazo correspondente, e dado o estado de perigo no que se atopa o citado ben, tanto para as persoas como para as cousas, procederase á execución subsidiaria do mesmo”, sinala o Concello ourensán.

As actuacións de consolidación e demolición previstas consistirán prioritariamente no desmontaxe da parte da cuberta que aínda se mantén en pe, así como da tribuna, e a consolidación dos muros, coroación, e apeo das altas columnas. Previamente á obra de derrubo, retiraranse as tellas e elementos da cuberta, montarase unha plataforma de traballo que garanta a seguridade, protexerase o sepulcro, escudo e estatua funeraria do fundador da Ermida, e revisarase a verticalidade das columnas, afectadas polo desplome da estrutura, para avaliación do seu apeo.
Asimesmo, procederase á retirada do mobiliario, bancos e reclinatorios, e recuperaranse os exvotos que se poidan atopar na tribuna.

O acordo da Xunta de Goberno fixa outras medidas que terá que adoptar a empresa a que se adxudican os traballos, como son a creación dun valo perimetral de seguridade que evite o acercamento de persoas ó inmoble; a desmontaxe dos elementos de materiais de cubrición máis próximos á cornisa que eviten a súa posible caída a espacios públicos exteriores; a retirada de escombros existentes no interior fruto da caída parcial da cuberta e combustión de mobiliario e outros elementos; o apeo das columnas interiores do templo, que eviten a súa posible caída durante as labores de desmontaxe da cuberta; así como a consolidación de cornisas que eviten a súa caída e coronación de muros perimetrais que eviten a entrada de auga nos mesmos.

Licencia de obra para o Banco de España

Na mesma sesión, a Xunta de Goberno Local aprobou a concesión á Sociedade Estatal de Gestión Inmobiliaria de Patrimonio S.A. (SEGIPSA) da licencia de obra para actividade cultural na planta baixa, e administrativa no resto das plantas, do edificio do Banco de España, trala obtención dos informes xurídicos e técnicos favorables.
O orzamento da rehabilitación é de 4.668.800 euros.

A distribución interior constará dun espacio expositivo, áreas de traballo e áreas especiais. O espacio expositivo contará cunha planta libre multifunción, mantendo a configuración da sala principal.
As áreas de traballo distriburanse nas distintas plantas, coa apertura das áreas de oficina aberta e a ubicación dos despachos na fachada Oeste (rúa do Paseo).
As áreas especiais engloban a atención ó público, no antigo patio de operacións do Banco de España, na planta baixa, a planta semisótano, na que se ubican servicios comúns como arquivos, almacéns e instalacións, e a fachada posterior das distintas plantas, nas que se dispón de espacios complementarios de reunión, reprografía e aseos.

A superficie total de rehabilitación é de 2.699 m2 de superficie útil e de 3.432 de superficie construída.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google