500 escolares de Primaria da cidade achéganse a ximnasia nos seus centros educativos
 
Comezou este primeiro de marzo unha nova actividade da Concellería de Educación do Concello de Ourense, “Ximnasia, un deporte para todos e todas”, co obxectivo de dar a coñecer este deporte e ofrecer aos nenos e nenas unha posibilidad máis de ocupar o seu tempo de lecer. Chegará a uns 500 escolares de centros educativos desta cidade
 
 
 
 
2 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL

Un total de 500 alumnos de Educación Primaria de sete centros educativos desta cidade participan dende este martes, primeiro de marzo, na actividade da Concellería de Educación “Ximnasia, un deporte para todos e todas”. O obxectivo da iniciativa consiste en dar a coñecer o deporte da ximnasia nas súas respectivas modalidades e ofrecer ós nenos e nenas unha posibilidade máis de ocupar o seu tempo de lecer.

O CEIP Manuel Luís Acuña foi o primeiro dos sete centros participantes que acolleu a actividade, que se iniciou ás 12 do mediodía deste martes e á que asistiu a concelleira de Educación, Ana Garrido.
“Ximnasia, un deporte para todos e todas”, consta de dúas fases: unha teórica, nos propios centros escolares, e onde os deportistas do Club Ximnasia Pavillón contarán as súas experiencias, incidindo nas técnicas de ximnasia e trampolín; e unha práctica, que terá lugar no Pavillón dos Remedios onde os alumnos participarán con adestradores en obradoiros de ximnasia distribuídos por grupos.

Participarán na actividade un total de 500 alumnos de Educación Primaria dos seguintes centros: CEIP Manuel Luis Acuña, CPR María Auxiliadora, CEIP Curros Enríquez, CEIP Amadeo Barroso, CEIP Vistahermosa, CEIP Irmáns Villar e CPR Santa Teresa de Jesús.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Fotografía : JOSÉ CERDEIRA   
   
  Ana Garrido  
     
 
 
     
 
 
 
   
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google