O Concello de Ourense plantexa un 8 de Marzo reivindicativo porque a desigualadade “ainda se da”
 
Proxectos educativos, teatro, conferencias, e exposicións nun mes de actividades “para facernos reflexionar en torno as situación de desigualdade que aínda se da na nosa sociedade”, e o que presenta o programa deste 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, que este martes presentaron as nacionalistas Marta Arribas e Isabel Pérez. Este ano, o programa adica tamén espazo aos máis novos, xa que “cremos que traballar cos máis novos é transmitir o legado daquelas mulleres que adicaron a súa vida a loita pola igualdade”, sinalou Arribas
 
 
 
 
2 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Concellería de Igualdade do Concello de Ourense vén de presentar o seu programa de actividades en torno as celebración do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres. “Un mes enteiro de iniciativas que non se quedan nunha simple conmemoración, senón que nos convidan a reflexionar sobre as situación de desigualdade que aínda que dan na nosa sociedade”, apuntou a Concelleira de Igualdade, a nacionalista Marta Arribas.
Trátase dun amplo programa “orientado  segundo os  principios que  marcan a nosa acción de goberno, como son a transversalidade da perspectiva de xénero, o fomento da participación social, a formación e concienciación da cidadanía e a descentralización de actividades”, explicou Marta Arribas este martes ao presentar o programa deste 8 de Marzo.

Durante a presentación do programa que tivo lugar no Salón de Plenos do Concello e no que interviron tanto a Concelleira de Igualdade, Marta Arribas, como a Tenente Alcalde, Isabel Pérez, a edil de Igualdade fixo fincapé nas actividades dirixidas específicamente á mocidade, que este ano teñen presenza destacada.
Segundo declarou Marta Arribas “cremos que traballar cos máis novos é transmitir o legado daquelas mulleres que adicaron a súa vida a loita pola igualdade, a formación é o primeiro paso para conseguirmos unha sociedade de futuro máis xusta”.
Nesta liña, o  IES Otero Pedrayo acollerá o 10 de marzo un intercambio de experiencias educativas en torno á equidade de xénero con presenza de dous proxectos realizados polos propios estudantes. O  proxecto “Bata”, desenvolto por alumnos e alumnas do IES Alexandre Bóveda de Vigo e gañador do I Premio IRENE do Ministerio de Educación e “Ciencia en Feminino”, unha iniciativa de alumnos e alumnas do IES Otero Pedrayo pola recuperación da memoria de mulleres científicas que a pesares das súas aportación teñen caído no anonimato da historia pola súa condición.
Así mesmo, e xa dirixido aos máis cativos, o 12 de marzo celebraráse unha xornada lúdica con rapaces de entre 5 e 12 anos en torno aos xogos e xoguetes non sexistas.

O programa complétase como vén sendo habitual cunha táboa redonda en torno a “Mulleres e Deporte” programada para o vindeiro 16 de marzo, e un espectáculo teatral, “Baby Boom no Paraíso”, da compañía Teatro Muxicas,  e dirección de Tito Asorey. Teatro Muxicas é unha compañía integrada por persoas con discapacidade visual que trae a Ourense unha peza que desmitifica, desde o humor e a ironía, os tópicos en torno ao embarazo.
Así mesmo, as distintas asociacións de mulleres na cidade acollerán, entre os meses de marzo e abril un obradoiro de mandalas, unha técnica de relaxación que, tal e como apuntaba a súa responsable, Mila González,  “afonda no   autocoñecemnto propio da muller a nivel persoal”.

Finalmente, Marta Arribas destacou a entrega do VIII Premio Clara Campoamor á Iguladade entre Mulleres e Homes que otorga a Concellería de Igualdade e que este ano recaeu na Marcha Mundial das Mulleres. Así mesmo, anunciou que o día 10 será presentado ao público o número 2 da revista Xénero Humano unha publicación concebida desde “a ideoloxía e o pensamento feminista e feminino que aspira a situar a Ourense nun punto de referencia en políticas de igualdade para o resto do Estado”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Fotografía : JOSÉ CERDEIRA   
   
  Marta Arribas  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google