O Contencioso Administrativo di que é potestade do Concello definir a súas convocatorias de prazas
 
O Contencioso Administrativo núm. 2 de Ourense falla a favor do Concello de Ourense desestimando a pretensión do sindicato CIG que buscaba que o Concello convocara un concurso no que se incluiran 128 postos de traballo ao mesmo tempo. O Xulgado ven a decir que esto é potestade da Administración
 
 
 
 
25 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Xulgado do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense ven de ditar sentenza a favor do Concello na que desestima o recurso interposto pola Confederación Intersindical Galega contra o acordo do Concello no que se aprobou a convocatoria de concurso de traslados para a cobertura do posto de adxunto ó xefe de Servicio de Facenda, aprobada en xunta de goberno de decembro de 2009. O sindicato pedía a nulidade da convocatoria e que se convocara un concurso de traslados no que se incluiran tódolos postos que no Concello están ocupados na actualidade en comisión de servicios.

O xulgado estima os argumentos alegados polo Concello, que defendía a correción do procedemento, e a capacidade de autoorganización do Concello para decidir qué postos se inclúen nunha determinada convocatoria, a maiores da imposibilidade material para realizar unha convocatoria de concurso de traslados para 128 postos ó mesmo tempo, “xa que paralizaría totalmente o Concello, ademáis da imposibilidade legal en canto á xestión da súa tramitación e a loucura de semellante concurso en canto a xestión da súa tramitación”, entre outros argumentos.

O xulgado desestima o recurso por varios motivos. Por unha banda, porque as bases foron aprobadas en mesa de negociación cos sindicatos e o sindicato recurrente, CIG non presentou ningunha alegación nin se opuxo á súa aprobación. Por outra banda, citando a xurisprudencia ditada por sentenzas da Audiencia nacional e o Triobunal Superior de Xustiza de Galicia, recoñece a potestade discrecional da Administración para apreciar a oportunidade de ofertar as prazas que estime oportunas, atendendo ó principio de autoorganización administrativa.

Dúas resolucións sobre praza de asesor xurídico

Por outra banda, o Concello recibiu dúas novas resolucións xudiciais, ainda non firmes, sobre solicitudes realizadas polo funcionario municipal J.J.G.G nos procedementos iniciados na súa demanda de obter a praza de asesor xurídico.

Na primeira, un auto do Xulgado do Contencioso Administrativo desestima a execución provisional da sentencia de outubro de 2010, xa que “causaría situacións irreversibles e perxuizos non reparables, pois o posto de asesor xurídico, cuxa titulariedade reclama o recurrente está ocupada por outro funcionario na actualidade”. O Xulgado considera que “de executar a sentenza provisionalmente, se posteriormente fose revocada, se causarían perxuicios non susceptibles de reparación”. Esta sentencia é ademáis, contradictoria con outra ditada recentemente que clarifica a diferencia entre o posto de asesor xurídico e letrado asesor.

Por outra banda, unha sentenza do mesmo Xulgado, estima o recurso interposto por este funcionario no que reclama unha indemnización en concepto de retribucións deixadas de percibir polo desempeño do posto de asesor xurídico desde xaneiro de 2005 ata outubro de 2008. O Concello presentará un recurso ante esta sentencia
 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google