Abertas nas Lagoas as novas instalacions da Universidade Popular do Concello de Ourense
 
Con un investimento de 216.000 euros abriron as súas portas este 23 de marzo as novas aulas da Universidade Popular do Concello de Ourense. Acollen as actividades de máis de 1.400 ourensáns que se teñen xa enrolado nas actividades deste curso, e ubícanse na zona baixa de As Lagoas
 
 
 
 
 
24 de MARZO de 2011: OURENSE DIXITAL

Os máis de 1.400 ourensáns que participan actualmente nos cursos e obradoiros da Universidade Popular poderán desfrutar dende este xoves, 23 de marzo, de novas instalacións á súa disposición no barrio das Lagoas. Trátase de dúas novas aulas sitas na rúa Vasco da Ponte nº 1, que foron inauguradas polo alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e a concelleira de Educación, Ana Garrido.
A actuación foi financiada con cargo ós Orzamentos municipais, cun investimento de 215.909 euros.

Cumpridos xa 16 anos da súa posta en marcha, a Universidade Popular continúa acadando récords de participación, con 1.405 matrículas en 70 actividades formativas programadas.
Este curso a traxectoria da iniciativa foi recoñecida a nivel nacional coa concesión do Premio Miguel Hernández convocado polo Ministerio de Educación, salientou a concelleira de Educación, ana Garrido.
Os programas están dirixidos a adultos ourensáns a partir de 16 anos, establecendo prioridade no referido ós sectores de poboación máis desfavorecidos socialmente, e que por razóns culturais, educativas ou económicas teñen menos medios para acceder con igualdade de oportunidades á educación e á cultura.

Cunha metodoloxía activa, participativa, socializadora, flexible, interrelacional e lúdica, as actividades pretenden motivar ós sectores sociais menos activos estimulando o coñecemento, potenciar a formación básica da poboación adulta e garantir que poidan aumentar e actualizar os seus coñecementos, á vez que se dinamiza a vida cultural da cidade. Asimesmo, a participación nos diversos obradoiros e cursos favorece o desenvolvemento comunitario, desenvolve a madurez persoal mediante a adquisición de capacidades, e mesmo proporciona formación para o emprego, favorecendo a adquisición de habilidades e destrezas aplicables a nivel profesional.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google