Deputación e Deportes do Concello de Ourense acadan compromisos importantes para a cidade este martes
 
Aínda que se temía que a xuntanza deste mércores poidera estar un tanto viciada polas afirmacións e acusacións de Plácido Díaz, presidente do Ponte Ourense, o encontro entre o titular da Deputación e o concelleiro de Deportes celebrouse en “absoluto bo clima”. Ao punto de que ambas partes cren que se acadaron compromisos importantes para realizacións deportivas na cidade que non o son menos
 
 
 
 
 
23 de FEBREIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

En “absoluto bo clima” se celebrou a xuntanza que na mañá deste martes celebraron no Pazo Provincial o presidente da Deputación, José Luis Baltar, e o concelleiro de Deportes, José Fernando Varela, ao que acompañou o Xerente do Consello Municipal de Deportes, Manuel Rodríguez Mosquera.
A xuntanza chegou despois das críticas ao Concello e ao Consello Municipal de Deportes feitas polo presidente do Ponte Ourense, Plácido Díaz, nas que meteu por medio á institución provincial ao asegurar que Baltar Pumar lle concedía o clube que preside o que o Concello da capital lle negaba.
Extremos tamén revisados por ámbalas dúas partes na xuntanza deste martes.

No transcurso desta reunión, tanto o presidente da Deputación como o titular de Deportes do Concello coinciden en que se acadou colaboración para a mellora de infraestruturas “claves” para a cidade, como son o compleo deportivo de Oira, Velle e as actuacións previstas en Mariñamansa.
O concelleiro do BNG subliñou que “é importante que as administracións públicas sexan quen de sumar esforzos polo ben dos seus cidadáns, é un exercicio de responsabilidade política que neste caso actúa sobre unha serie de infraestruturas que os propios ourensáns demandan”, dixo Fernando Varela ao remate da Xuntanza.
No caso do complexo deportivo de Oira, ambas partes acordaron manter unha reunión coa directiva da Ponte S.A.D. na que se solicitará unha relación das demandas que serán valoradas económicamente, de cara a acometer conxuntamente un proxecto de actuación na zona.  O acordo formalizaráse nun convenio entre a Deputación e a Concellería de Deportes.

En Velle, as actuacións de mellora nas infraestruturas deportivas repartíronse entre ambas administracións: a Deputación acometerá a construcción dun campo de herba sintética na zona mentres que o Concello asumirá os custes de obras complementarias para a optimización do área.

Finalmente, na previsión de infraestruturas deportivas en Mariñamansa, ambas institucións aceptaron e lamentaron a situación xurídica na que se atopa a zona, que impide a presente concreción e posta en marcha de novas iniciativas.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Varela acusa ao Ponte Ourense de querer “extorsionar” ao Concello logo de recibir 350.000 euros en 4 anos  
  A Deputación de Ourense condenada a pagarlle ao Consello Municipal de Deportes 240.000 euros  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google