Rairo xa dispón dunha nova área recreativa de media hectárea para lecer de nenos e maiores
 
Cun investimento de 93.000 euros, remataron as obras de acondicionamento dunha nova área recreativa na localidade en Rairo don Concello de Ourense. Consíguese un novo espazo de lecer para nenos e maiores, con merendeiro, zona de xogos infantis, xardíns e aparellos biosalúdables
 
 
 
 
10 de FEBREIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O alcalde de Ourense, Francisco Rodríguez, e a concelleira de Participación Cidadá, María Devesa, visitaron este mércores as obras, xa rematadas, de acondicionamento dunha nova área recreativa na localidade de Rairo, que foron executadas pola Concellería de Participación Cidadá con cargo ós Orzamentos Participativos, cun investimento de 93.000 euros.
As obras permiten dotar á localidade de Rairo dun novo espazo de lecer para nenos e maiores, con merendeiro, zona de xogos infantís, espacios axardinados e unha área de aparellos biosaudables, conxuntamente coa realización das obras de abastecemento e saneamento necesarias.

Os traballos desenvolvéronse nunha parcela sita na localidade de Rairo, nas proximidades da cancha de fútbol sala, que a Deputación Provincial cedeu ó Concello coa finalidade de que a Concellería de Participación Cidadá acondicionase este novo espacio.
Consistiron na preparación e limpeza do terreo, instalación de barbacoa con tellado de madeira e tella mixta, un merendeiro cuberto, tamén con tellado de madeira con tella mixta, 4 mesas, 8 bancos e unha fonte de pedra, 2 baños e un almacén con entrada de formigón, xunto coa canalización e instalación de sumidoiros dos baños, fonte e fregadeiro, canalización e instalación de electricidade para merendeiro, baños e barbacoa.

Acondicionouse unha zona de xogos infantís que incrementa a oferta de espacios de lecer para os máis cativos, instalando bordo de formigón que delimita este espacio da zona de xardín, unha área de aparellos biosaudables para os maiores e árbores. Tamén se realizou a limpeza do muro de contención da parte posterior ornamentado con plantas.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google