Camba ratifica en Bos Aires o compromiso da Xunta co Hospital do Centro Galego e cos seus asociados
 
En Bos Aires, o director Xeral de Emigración remarcou que a Xunta de Galicia “seguirá apoiando ao Centro Galego”, ao tempo que “presionará para implicar ao Goberno de España na axuda económica sos hospitais españois no exterior”. No tocante ao Hospital do Centro Galego, Camba advertiu de que “ten que pasar por un proceso para dimensionarse económicamente”
 
 
 
 
 
31 de XANEIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Secretario Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba, reafirmou en Bos Aires o “compromiso” da Administración autonómica “co Hospital do Centro Galego e cos seus asociados”. Santiago Camba explicou que a súa viaxe responde á situación na que se atopa o Hospital do Centro Galego e nas decisións “de calado” que se tomaron nos últimos días. “Neste sentido o motivo da visita a Bos Aires é reafirmar o compromiso do goberno de Alberto Núñez Feijóo en seguir apoiando ao Centro Galego e colaborar, na medida das nosas posibilidades, para saír da situación actual”, reafirmou Santiago Camba.

O Secretario Xeral avogou por “mirar cara ao futuro”, “camiñar todos xuntos” e “trasladar aos socios e aos membros do Centro Galego unha mensaxe clara e nidia que a Xunta de Galicia vai continuar apoiando á institución”, como parte dunha política de “atención aos nosos paisanos no exterior”.
Nesta liña, pediu “respectar as decisións dos órganos soberanos da Fundación Galicia Saúde, baseadas nun mandato legal”, expoñendo que “a partir do ano 2000 pídese unha axuda extraordinaria á Administración galega e créase a Fundación Galicia Saúde, cuxo único obxecto era a xestión do Hospital do Centro Galego”.
Segundo aclarou Camba, trátase dunha “fundación española, creada en Galicia, pero cuxa única actividade é a xestión do Centro Galego. Nos seus estatutos sinálase claramente que con déficit en dous exercicios consecutivos ou tres nun período de cinco anos é de obrigado cumprimento disolver a Fundación”.
Engadiu que a esa situación xa se tiña chegado no ano 2006 pero non se disolveu “debido á irresponsabilidade do presidente do padroado daquel momento, o que levou a crear un déficit cada vez maior”.

Neste contexto, o Secretario Xeral informou á prensa que o pasado día 13 de xaneiro “chegouse ao acordo de extinguir, por unanimidade dos patronos, o contrato de xestión e a propia Fundación Galicia Saúde”. Camba asegurou que esta decisión tamén permite “satisfacer as demandas da nova xunta directiva do Centro Galego de recuperar a xestión do Hospital”.

Así, o titular do departamento de Emigración da Xunta remarcou que seguirán “apoiando economicamente ao centro galego” e adiantou que “vamos a seguir presionando para implicar ao Goberno de España na axuda económica aos hospitais españois no exterior, entre os que se atopa o Centro Galego”.

Nova estratexia de xestión

Santiago Camba puxo de releve o seu convencemento en que no Centro Galego “houbo unha estratexia equivocada de crecemento, incrementando en máis dun 30% a plantilla, cando non había un crecemento parello de afiliados e a falta de control interno que se produciu entre o 2006 e o 2009”. Ademais, sinalou a aceptación de “máis de 2000 persoas, pensionistas asistenciais españois, polos que o Ministerio de Traballo español paga uns prezos moi por debaixo dos custes de mercado”, o que chega a sumar “máis dun millón e medio de déficit anual, que debería compensarse nalgún momento”.

“O Hospital do Centro Galego ten que pasar por un proceso para dimensionarse economicamente, mellorar a súa xestión, axustar a súa política de persoal, negociar o seu aprovisionamento, xerar metodoloxías de traballo eficientes, equilibrar as súas contas de resultados e mellorar e recuperar o número de usuarios, recuperando a capacidade competitiva no mercado da atención sanitaria”, afirmou Camba.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 30, SÁBADO
 
Manuel Baltar anuncia un nuevo Ejecutivo del PP de Ourense en el que sólo seguirá uno de cada tres miembros actuales
El Congreso de este sábado marca el final de dos campañas y una cuenta pendiente de Feijóo
El PP denuncia que en 30 meses el bipartito empleó a 250 personas en el Concello de Ourense
El SERGAS sigue sin resolver el caso de la enfermera de la Unidad de Riesgos Laborales
Comezan nas tres bibliotecas municipais da cidade as actividades do Entroido
 

 

Añade OuD a tu Google