Moncho Borrajo pregonará o Xantar deste ano o vindeiro mércores, 2 de febreiro
 
Moncho Borrajo será o pregoeiro da XII edición do Xantar, o Salón de Gastronomía e Turismo. O fará o mércores á unha da tarde, unha vez que o consellerio de Cultura e Turismo, Roberto Varela, declare inaugurada esta nova edición que se prolongará ata o domingo, 6 de febreiro na Expourense
 
 
 
 
31 de XANEIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Moncho Borrajo será o pregoiro do Xantar, o Salón de Gastronomía e Turismo, que se porá en marcha na Expourense este vindeiro miércoles, día 2 de febreiro.
Esta XII edición do Xantar estará adicada a promoción do Entroido, e a organización quere que sirva de motor de arranque das festas gastronómicas de Galicia, en espacial de aquelas consideradas de Interese Turístico. O Xantar contará con Francia como país convidado, exemplarizado na cidade de Quimper, dende fai algúns anos irmandada coa de Ourense.

A lectura do pregón terá lugar á unha da tarde, e seguirá ao acto oficial de inauguración que presidirá o conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela.
A organización subliña que, aínda que na actualidade vive afastado dos escenarios aos que só retorna por causas benéficas, Moncho Borrajo volverá a subirse a él este mércores para darlle a saía ao Xantar 2011, o que foi posible grazas á colaboración que mantén o artista co INORDE, entidade que, ao mesmo tempo, é patrocinadora tamén do Salón de Gastronomía e Turismo de Ourense.

Ás once da mañá deste luns presentarase oficialmente na Expourense este Xantar, xa coa programación e a súa oferta ao completo.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Moncho Borrajo  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google