Aberto o prazo de inscrición de películas para o 16 Festival de Cine Internacional de Ourense
 
Si cadra coa expectativa de romper a barreira dos 2.000 traballos a concurso, o Festival de Cine de Ourense abriu o plazo de presentación de traballos a concurso. Na pasada edición o OUFF recibíu 1.893 filmes procedentes de 95 distintos países de todo o mundo
 
 
 
 
 
27 de XANEIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Festival de Cine Internacional de Ourense, OUFF, declara aberto o prazo de inscrición de filmes para a súa 16 edición, que se celebrará entre os días 14 e 23 do mes de outubro deste ano.
A organización recorda que ao certame poden concurrer filmes de calquera temática, producidos en 2010 e 2011 e non exhibidos ou editados comercialmente en España.
O rexistro pódese realizar dende a páxina web do OUFF até o 15 de maio.

Coma na pasada edición, as seccións oficiais do concurso son cinco: Longametraxes de ficción (60 minutos ou máis); Documentais (calquera duración); Curtametraxes de ficción (menos de 60 minutos); Animación (calquera duración); e a sección chamada Novos Media (audiovisuais experimentais de calquera duración).

Na pasada edición do Festival, o OUFF recibíu 1.893 filmes procedentes de 95 países, o que deu lugar a unha programación total de 243 películas. Delas, 119 estiveron en competición e 123 nas seccións paralelas, entre as que destacou Panorama Galiza.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 

 

Añade OuD a tu Google