A Deputación de Ourense inviste 1,2 millóns de euros na modernización do seu parque de maquinaria
 
De “importante pulo pola modernización de equipamentos e maquinaria que fai a Deputación de Ourense co obxectivo de seguir ofrecendo os mellores servizos aos concellos da provincia” cualificouse a adquisión de maquinaria que moderniza e completa os servizos de vías e obras da institución provincial. Supón un investimento de 1,2 millóns de euros en nova maquinaria
 
 
 
 
26 de XANEIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O presidente da Deputación de Ourense, José Luis Baltar, presentou este martes no Parque de Maquinaria da institución provincial, os novos equipos adquiridos pola Deputación para a área de Infraestruturas. “Trátase dun importante pulo pola modernización de equipamentos e maquinaria que fai a Deputación de Ourense co obxectivo de seguir ofrecendo os mellores servizos aos concellos da provincia, neste caso no que atinxe ás infraestruturas, vías e obras”, sinalan os responsabeis da institución provincial.

Unha das novidades e un equipo de rozadora-desbrozadora que ten un sistema de aspiración, polo que a broza cortada pasa a un contedor e non queda na cuneta. Este sistema será pioneiro en Galicia e, actualmente, en España unicamente se emprega en Cataluña.
Baltar Pumar salientou o importante esforzo da institución na dotación destes equipos nun momento de crise coma o actual e felicitou publicamente aos profesionais da Deputación polo traballo que veñen desenvolvendo no eido de medio ambiente e infraestruturas.
O total do investimento para adquisición de maquinaria e equipos é de 1.268.413 euros.

Os equipos adquiridos son os seguintes son 2 tractores-rozadora para os viais provinciais;  2 astilladoras remolcables para a mellor xestión da biomasa na rede provincial de “Puntos Limpos” que xestiona este servizo; un camión recolledor de residuos sólidos urbanos de carga traseira, para reforzar a recollida selectiva da fracción “envases lixeiros”; 2 camións recolledores de residuos sólidos urbanos, de carga traseira; un mini-recolledor, de carga traseira, de apoio á xestión anterior: unha unidade de recollida selectiva de papel-cartón e vidro; e un camión subcionador-impulsor, para a limpeza de fosas sépticas e redes de sumidoiros.

A Deputación de Ourense subliña que “esta cooperación supramunicipal, única en Galicia, complementarase coas plantas depuradoras-nodrizas que se están a construír con fondos Feder”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google