Inaugurada a remodelación do Parque de Peliquín que converte a zona de xogos en espazo de reunión activa
 
Rematadas as obras, inaugurouse e abríu de novo o Parque de Peliquín, no que o Concello de Ourense ven de investir 17.595 euros. A remodelación consistíu nunha mellora estética e funcional do Parque, “coa que se pretende converter a zona de xogos nun espazo de reunión activa e atractiva para os veciños”, sinala o propio Concello
 
 
 
 
26 de XANEIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Dentro das actuacións encamiñadas á mellora dos barrios e zonas rurais do Concello de Ourense, a Concellería de Participación Cidadá do Concello de Ourense vén de executar a través dos Orzamentos Participativos a remodelación do Parque do Peliquín, no que se investiron 17.595 euros.
O alcalde, Francisco Rodríguez, e a concelleira de Participación Cidadá, María Devesa, visitaron este martes pola tarde as obras recentemente finalizadas, que consistiron nunha mellora da estética e funcionalidade do parque para converter a zona de xogos nun espazo de reunión activa e atractiva para os veciños.
A obra executada xirou en torno a dúas claves: a adecuación de pavimentos, e a instalación de xogos infantís e mobiliario, sinala o Concello desta cidade.

Nas áreas correspondentes ós xogos infantís, incluíuse unha base de seguridade con baldosa amortiguadora de caucho asentada nunha soleira de formigón, substituíndo a area previamente existente. Asimesmo,unha vez executados os pavimentos, procedeuse á colocación dos xogos infantís -balancíns, columpios e tobogáns- e resto do mobiliario urbán.

Á mellora estética e á adecuación e mellora dos pavimentos, inclúese a colocación dunha trama de céspede artificial e a colocación de celosías de madeira con prantas trepadoras a modo de pantalla visual no lateral por onde transcorre a poucos metros a vía do ferrocarril.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google