O Concello de Ourense terá restaurante (75 prazas) por primeira vez este ano no XANTAR
 
Por primeira vez o Concello de Ourense disporá dun restaurante de 75 prazas no XANTAR, o Salón de Gastronomía e Turismo que prende fogóns o vindeiro día 2 de febreiro. Así se anunciou na sinatura do convenio Turismo-XANTAR este martes, no que, ademais, se fixo pública a participación de de 12 restaurantes da cidade que por primeira vez elaborarán menús especiais con motivo do Salón Gastronómico
 
 
 
 
26 de XANEIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Por primeiro ano a cidade de Ourense estará presente con restaurante e menú especial de Entroido no Xantar do vindeiro mes de febreiro. Así o anunciou este martes a concelleira de Turismo, Ana Garza. Foi unha das novidades que se avanzaron durante a sinatura do convenio de colaboración entre este departamento municipal e Expourense para a organización do evento.
Xantar 2011 desenvolveráse entre os días 2 e o 6 de febreiro, nunha nova edición que supera o recinto feiral de Finca Sevilla para instalarse en 12 restaurantes da cidade e na que, lembrou a edil de Turismo, Ana Garza, “o Concello de Ourense terá máis presenza ca nunca”.

O domento suscrito entre a Concellería de Turismo e os responsabeis de Xantar “mostra a implicación e o apoio que esta Concellería amosou sempre coa actividade de Expourense”, en palabras do presidente da Cámara de Comercio, Celso Barbosa.
A principal novidade consiste na presenza que a cidade de Ourense, a través da Concellería de Turismo, terá no propio recinto feiral, pois ao tradicional stand expositivo de 48 metros de edicións anteriores, este ano súmase un restaurante de 75 prazas.
Na súas instalacións poderáse degustar un menú especial de Entroido representativo da tradición gastronómica da cidade das Burgas. A propia festa do Entroido será un dos elementos centrais  desta edición de Xantar, coa presenza, os 5 días do evento, dun desfile das diferentes máscaras do Entroido ourensán, liderado pola Pita das Eiroás. 
A aposta por un restaurante propio desde o cal promocionar a excelencia gastronómica ourensá complétase coa outra gran novidade deste ano, a incorporación de 12 restaurantes da cidade que por primeira vez elaborarán menús especiais con motivo do Salón Gastronómico.

Tal e como explicou a Concelleira de Turismo, Ana Garza “Ourense é un destino turístico que emerxe con forza e así nolo demostran as cifras. Agora o camiño pasa por consolidar a nosa marca como destino de calidade, e por iso é importante para nós estar presentes en Xantar, non só polo reclamo turístico que supón senón tamén porque é unha marca sobradamente recoñecida”.
O Concello de Ourense, a través da Concellería de Turismo, fai unha aportación ao Xantar de 6.280 € máis IVE, aos que se engade apoio loxístico, cesión de espazos informativos, guías turísticos, etc.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
     
  Noticias Relacionadas  
  En la FITUR, el Xantar anuncia que ofrecerá “el primer olor y sabor del Entroido” ourensano  
  Francia será o país convidado no Xantar deste ano que se celebrará do 2 ao 6 de febreiro  
     
     
 
 
     
 
 
 
   
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google