Un catálogo recolle o traballo desenvolvido pola sala “Alterarte” entre os anos 2007 e 2010
 
O traballo expositivo, sobre todo, desenvolvido na sala “Alterarte” do Campus de Ourense entre os anos 2007 e 2010 aparece recollido nun catálogo moi ben coidado que foi presentado este luns na Deputación de Ourense. Un acto no que tódolos presentes recordaron a labor desenvolvida con “Alterarte” polo anterior vicerreitor do Campus, Juan Francisco Gálvez
 
 
 
 
25 de XANEIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A Deputación provincial de Ourense acolleu este luns a presentación do catálogo da sala “Alterarte”, o espazo expositivo do Campus de que está dedicado a amosar as propostas de distinto xénero máis innovadoras de artistas emerxentes, moitos deles recén titulados na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
O acto de presentación do catálogo contou coa presenza da vicerreitora do Campos de Ourense, María Lameiras, e co presidente provincial, José Luis Baltar, quen dixo que a Deputación “apoiou e seguirá ao apoiando esta iniciativa cultural, porque estar ao lado de “Alterarte” é colaborar para que os nosos novos creadores teñan un inmellorable escaparate para amosar as súas obras, e fomentar así entre todos a creación artística e cultural”.

Tanto Baltar como Lameiras tiveron palabras de agradecemento para Juan Francisco Gálvez, ex vicerreitor do Campus de Ourense, quen puxo en marcha “Alterarte”. “Seguiremos mantendo esa estreita colaboración entre o Campus de Ourense e a Deputación provincial, e no caso concreto de “Alterarte” e moi importante porque nos permite a todos os cidadáns visualizar a obra dos novos artistas e crear así unha conciencia crítica cunha alta sensibilidade pola arte e a cultura”, dixo María Lameiras.
Na presentación tamén estiveron presentes o director do Centro Cultural, Francisco González; o comisario da sala, Ignacio García Gómez del Valle, e o deseñador do catálogo, Xosé Lois Vázquez “Che”.

Ignacio Gómez, comisario da sala e do catálogo, explicou que entre os anos 2007 e 2010 “Alterarte” acolleu un total de 19 exposicións de artistas e colectivos de vangarda galegos pero tamén de Portugal, México, Madrid, Barcelona e Valencia, “porque pensamos que temos un compromiso co local pero cunha visión internacional”, explicou.
O traballo final destes anos de exposicións recóllense nun orixinal catálogo “que en si é tamén unha obra de arte”, segundo dixo José Luis Baltar, catálogo que é creación de Xosé Lois Vázquez “Che”, que foi deseñado “coma un caderno de notas de calidade, pero respectando o deseño e o emprego de materiais que lembran a importancia da creación artística”, dixo o deseñador.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
 
 
HACE HOY UN AÑO 25, LUNES
 
Comienza este lunes la cuenta atrás del congreso más largo y reñido del PP de Ourense
El CHOU se prepara para la Xestión Integrada que el SERGAS anuncia para este año
El apagón analógico llega esta semana a 36 de los 92 concellos de esta provincia
Tereixa Paz pregunta a la Xunta de Galicia qué fue de la planta de biomasa de Verín
A Xunta anuncia un “esforzo orzamentario” para manter a atención aos inmigrantes
 

 

Añade OuD a tu Google