O interese dos visitantes por Ourense medrou en 2010 un 10% con respecto ao 2009, segundo o INE
 
Tendo en conta os tempos que corren, o 2010 non foi un mal ano para as expectativas turísticas de Ourense. O interese pola capital de As Burgas non foi a menos senón ao contrario, e 2010 sáldase con un incremento preto do 10% de visitantes a Ourense. Durante o ano pasado nos visitaron 25.537 persoas máis que en 2009, segundo os datos que ven de facer públicos o Instituto Nacional de Estadística
 
 
 
 
25 de XANEIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Estadística vén de facer público este luns os datos definitivos do balance turístico correspondente ao ano 2010, que en na capital ourensá sáldase cun incremento en número de visitantes do 9,8%.
En cifras absolutas, a cidade das Burgas recibiu 25.537 visitantes máis que durante o ano 2009, rematando 2010 cun total de 107.935 viaxeiros e 176.588 pernoctacións.
Desde a Concellería de Turismo as cifras son valoradas de xeito moi positivo xa que “se superaron as expectativas que tiñamos para este ano. Rexistrar un aumento deste calado nunha situación económica tan complicada como a que estamos a vivir permítenos ser moi optimistas de cara a este 2011, que agardamos sexa un ano de consolidación de Ourense como destino turístico de calidade”, sinala o departamento de Ana Garza.

Á espera de que o Instituto Nacional de Estadística publicara os datos defintivos, a Concelleira de Turismo de Ourense xa avanzou estas cifras durante as celebracións de FITUR a pasada semana. Cos datos agora xa confirmados, o incremento fíxase nun 9,8%, aumentando tanto viaxeiros, 11,20%, como as pernoctacións, un 8,9%.
Deste xeito Ourense pecha este 2010 con 107.935 viaxeiros dos cales 11.131, o 10,3%, procedían de fóra de España (o pasado 2009 supuxeron unha porcentaxe do 10,1%).
Os meses de maior afluencia turística foron outubro, con 11.182 viaxeiros, agosto con 10.450, e setembro con 10.156.
As cifras máis baixas corresponden a xaneiro (6.419) e decembro (7.412).

No tocante as pernoctacións, estas sumaron 176.588, 14.454 máis que en 2009. De elas o 12,3% correspondeu a visitantes extranxeiros, porcentaxe lixeiramente superior a ano anterior, no que supuxeron o 10,4%. Os meses que obtiveron mellores resultados foron outubro, con 18.727 pernoctacións, agosto 17.978, e xullo, con 17.383, e os máis baixos foron xaneiro,  con 10.226, e febreiro con 11.352.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google