Convocada unha nova edición do Premio de Poesía “Cidade de Ourense” dotado con 6.000 euros
 
Unha vez convocada unha nova edición do Premio de Poesía “Cidade de Ourense”, xa se poden presentar traballos a concurso. O prazo queda aberto ata o día 29 de abril, e fallarase no mes de maio. Está dotado con 6.000 euros e vai xa pola súa XXVII edición
 
 
 
 
24 de XANEIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O Concello de Ourese xa ten resolto o asunto das bases que rexirán o XXVII Premio de Poesía “Cidade de Ourense”, un certame xa consolidado e de longa tradición convocado desde a Concellería de Cultura.
O prazo de inscrición para presentar orixinais xa está aberto e remata, de xeito improrrogable, ás 14 horas do 29 de abril do presente ano.
O xurado, composto por personalidade das letras galegas e portuguesas, así coma un representante municipal nomeado pola Concellería de Cultura, fará público o seu fallo en torno á primeira semana de maio.

O premio de poesía Cidade de Ourense é un certame de libre concorrencia para obras en galego e portugués cunha extensión mínima de seiscentos versos.
Está dotado cun único premio de 6.000 euros e a publicación da obra que resulte premiada.
Este Premio que promove a Concellería de Cultura mantén unha estreita relación co país veciño, Portugal, a través da cidade de Vila Real, irmandada con Ourense. Destacados representantes das letras lusas forman parte do xurado deste premio e existe o compromiso da Cámara de Vila Real de contribuir á difusión da obra premiada.

No 2010 o galardón Cidade de Ourense recaeu no poeta caboverdiano afincado en Portugal José Luís Tavares (As irrevogáveis), e en 2009 no vigués Román Raña Lema, recorda o departamento de Cultura que dirixe Isabel Pérez.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 

 

Añade OuD a tu Google