Operarios públicos carrexan agora postes de aceiro a unha viña do irmán do alcalde de Beade
 
Ao emprego de operarios públicos para facer reparacións no patio da casa do alcalde, engádese agora a da carrexa de postes de aceiro galvanizado a unha viña particular propiedade do irmán do alcalde, Antonio Pousa. Así o ven de denunciar o portavoz do PSOE, Miguel Ángel Carreiro, a través dun escrito ao Concello, xa que recorda que sigue sin haber plenos
 
 
 
21 de XANEIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O portavoz socialista de Beade, Miguel Ángel Carreiro, volve a denunciar outro caso de emprego de medios públicos en beneficio privado por parte do alcalde deste concello, o veterano Senén Pousa do Partido Popular.
Carreiro ven de presentar un escrito no Concello no que expón os motivos da denuncia actual, e lembra casos similares xa denunciados polos socialistas no seu día polos que o alcalde amenzou con querellas criminais ao edil socialista que nunca chegaron a materializarse.
“A resposta foi ben pobre, porque todos sabemos que a vostede lle encanta amenazar”, engadiu Miguel Ángel Carreiro.

O concelleiro socialista explica que agora se trata de que operarios contratados polo Concello transportaron postes de aceiro galvanizado a unha viña particular propiedade do irmán do alcalde, Antonio Pousa.
“Parece que a vocación de servizo público é un don do que vostede carece”, dille Carreiro ao alcalde no escrito, e engade que “os máis de 30 anos como rexedor só deron de si a aprendizaxe de captación de votos”, xa que a utilización de bens públicos para uso privado “son o pan noso de cada día”.

Ademais, Carreiro explica que fai estas manifestacións a través dun escrito rexistrado no Concello porque a falta de celebración de plenos imposibilita facelo doutra forma.
Así, o portavoz socialista denuncia o incumprimento da lei que establece a celebración de seis plenos ao ano, e apunta que no 2010 só tiveron lugar un pleno e dúas comisións, situación que continúa a tónica de anos anteriores.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google