Unha web de ASPANAS pon a venda obxectos feitos por discapacitados con materiais reciclados
 
En servizo a páxina web Quero ser... Dende esta web se poden mercar todo tipo de obxectos elaborados por persoas con discapacidade con material reciclado. Ao tempo que con este proxecto tamén se quere “xerar postos de traballo nun colectivo con especiales dificultades para o acceso o mundo laboral”, sinalou a presidenta de ASPANAS. Foi presentada este martes
 
 
 
 
 
19 de XANEIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A directora xeral de comercio, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, asistiron, este martes a presentación da páxina web Quero ser… posta en marcha pola Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual ASPANAS.
Dende esta web se poden mercar todo tipo de obxectos elaborados por persoas con discapacidade con material reciclado.
Un dos aspectos máis relevantes deste proxecto é o impacto social e medioambiental, sinalou a responsable deste proxecto, Maruxa Román. “Emprégase material de refugallo para elaboración dos obxectos coa conseguinte mellora medioambiental e, grazas a este proxecto, tamén se xeran postos de traballo nun colectivo con especiales dificultades para o acceso o mundo laboral”, sinalou a presidenta de Aspanas.
De feito, grazas a este proxecto xa onseguiron traballo seis persoas con discapacidade.

A directora xeral de Comercio, Nava Castro, amosou a súa total colaboración e a do goberno galego con esta iniciativa: “é para min toda unha satisfacción poder asistir a esta presentación na que as novas tecnoloxías serven de canle para dar a coñecer un proxecto de gran calado social no que se aproveita o material de refugallo que recollen a diario os membros de Aspanas e o converten en algo produtivo e útil”, asegurou Nava Castro.
Subliñando, ademais, que este proxecto “é un exemplo para toda Galicia”.

O proxecto dado este martes a coñecer pretende ser algo máis que unha tenda on-line, xa que, se dixo, “resposta a un proxecto de inclusión socio laboral, con períodos de formación continuados”, dispoñendo dun espazo solidario que axude a comercializar produtos de artesanía de entidades de persoas con discapacidade en países onde estas persoas viven en situación de extrema pobreza.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google