Co Derrame Rock, se proxecta poñer o nome de Ourense no mapa dos festivais musicais de todo o Estado
 
Ourense non está disposto a deixar pasar a ocasión que lle brinda o Derrame Rock. Chegado a esta cidade dende a Comunidade Asturiana, a concelleira de Cultura, Isabel Pérez, falou do Derrame Rock como “un evento determinante para pór o nome de Ourense no mapa dos festivais de música do Estado”. Polo de pronto, a finais de xuño Ourense se convertirá na capital de música rock de todo o Estado, para o que o Concello de Ourense xa comeza a facer os preparativos
 
 
 
 
 
19 de XANEIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

Tras quince anos de historia na Comunidade Asturiana, o emblemático festival Derrame Rock trasládase definitivamente á Cidade das Burgas nunha iniciativa  da Concellería de Cultura. Así ven de anuncialo este martes a titular desta Concellería, Isabel Pérez, quen sinalou que o Derrame Rock esta chamado a ser “o prato forte da programación musical de Ourense neste 2011”.
O evento, un dos de maior referencia no panorama musical español, celebraráse os días 23, 24 e 25 de xuño, tres xornadas de música interrumpida con preto de 60 grupos programados e con importante presenza galega e ourensá.

A presentación desta 16º edición do Derrame Rock tivo lugar no Auditorio Municipal nun acto no que interviron a Tenente Alcalde e Concelleira de Cultura, Isabel Pérez, o representante de Santo Grial Producciones, promotora do evento, Enrique Granda, e Antonio Pérez en representación de Sonorde, a empresa ourensá encargada do apartado técnico.
“Creo firmemente que o Rock tamén é Cultura”, sinalou Isabel Pérez, antes de engadir que “O Derrame Rock será un evento determinante para pór o nome de Ourense no mapa dos festivais de música do Estado, convertindonos por un días na capital da música rock”.
Isabel Pérez destacou que se trata tamén dunha “oportunidade para Ourense” en termos económicos,  dado o alto número de visitantes que se estima achegaranse eses días a Ourense a desfrutar dos concertos. Unhas cifras que, segundo estiman desde a organización, rondarán os 20.000 asistentes, tendo en conta, tal e como declarou Granda “que en pasadas edicións rexistramos un 60% de público chegado de fóra”.

O Derrame Rock se plantexa tamén como unha oportunidade de promoción e visibilización para os propios artistas da cidade, “xa que Ourense pode e debe continuar a exportar música”, lembrou a concelleira de Cultura. Tal e como explicaron desde Santo Grial, ao longo destes meses convocaráse un concurso a través dunha plataforma dixital para a selección, mediante votación dos propios internautas, de seis grupos nóveles ourensáns que compartirán o escenario desta nova edición do festival.

Tres escenarios e máis de 50 grupos en cartaz

O Derrame Rock ubicaráse nas instalacións de Expourense e explanadas anexas na Finca Sevilla, nunha superficie de máis  25.000 m2 ás que sumar os 7.500 do recinto feiral.
Nestes 32.500 m2 disporánse tres escenarios difererenciados adicados, o principal, ao rock estatal, e os restantes a música de mestizaxe (con cabida tamén para o sonido bravú, grupos cataláns, etc.) e sonidos metálicos, un recinto valado nun perímetro de 2 qm.

No tocante ao cartaz, que desde a organización barallan entre 50 e 60 grupos, as primeiras confirmacións corresponden ás bandas Los Suaves, Siniestro Total, Ojos de Brujo, O'Funkillo, De acero, Hamlet, Dixebra, Berri Txarrak, Escuelda de Odio, Lamatumbá, Gatillazo e Def con Dos. 
En verbas de Enrique Granda “o Derrame nunca se destacou por ser un evento con macrosestrellas, senón por potenciar a música estatal e de calidade” e lembrou que “aqui non hai camerinos rosas, a todos os grupos se lles da o mesmo trato e apoio técnico, promovendo que o festival teña unha identidade propia que esté por encima de estrellas”.

Para acoller ao público, a organizacións instalará unha zona de acampada en Oira, conectando ambas localizacións mediante unha liña de autobuses gratuíta as 24 horas con parada na Alameda.  Desde a organización insistiron na importancia de conseguri un festival “o máis sostible posible”, promovendo a utilización de vaso único no consumo de bebidas e controlando en ambas zonas a recollida selectiva de lixo.

Venta de abonos

A páxina web oficial do Derrame Rock (en castelán e, por primeiro ano, tamén en galego) comezará a funcionar este xoves, día 20 e a través dela poderáse facer seguimento das novidades e confirmacións que vaian xurdindo.
En canto á venta de abonos, estarán dispoñibles a partir do xoves 27 a un prezo especial de 40€ os 2.000 primeiros. A distribución faráse a través de Ticketmaster en mais de 100 puntos de venta (Novacaixagalicia, Fnac, Carrefour, Tipo, Halcón Viajes, etc) así coma en Peggy Records de Ourense e na tenda que Santo Grial Producciones ten en Oviedo. Neste último caso, a productora fará unha promoción especial para o público asturián, poñendo a disposición dos 50 primeiros compradores un autobús de ida e volta ao festival.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
   
  Isabel Pérez, concelleira de Cultura  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google