O BNG pon en marcha o foro “O Futuro que Queremos para Ourense” no que a cidadanía ten a palabra

18 de XANEIRO de 2011: OURENSE DIXITAL
 
 
 

“Nos últimos catro anos, as concellarías gobernadas polo BNG seguiron un modelo de xestión política participativa e desenvolveron actuacións demandadas pola cidadanía. Hoxe, retomamos ese proceso de xestión e planificación da cidade en función dos intereses das persoas, preguntándolle directamente a cidadanía qué futuro queren para a cidade de Ourense”. Así explicou este luns a cabeza de lista e candidata á alcaldía de Ourense polo BNG o vindeiro 22 de maio, a posta en marcha do foro “O Futuro que Queremos para Ourense”.
foro que botou a andar precisamente na tarde desde mesmo luns con unha primeira reunión de Economía e Emprego.
A iniciativa estará coordinada por Xosé Somoza Medina, número 4 da candidatura do BNG nas próximas Municipais.

Somoza explicou que o foro é unha “ferramenta” para, como dixo Isabel Pérez, coñecer as inquedanzas e opinións da cidadanía, pero tamén para coñecer o logo poder evaluar as propostas e achegas que a cidadanía pode facer ao Programa do BNG.
“Debemo substituir nas nosas planificacións estratéxicas indicadores de competitividade urgbana e potencialidad produtiva por valores relacionados coa satisfacción e o exercicio de dereitos cidadáns”, establece el propio foro “FQO”.

A iniciativa prevé que participen nas cinco seccións nas que se estructura o foro unhas 100 persoas, que totalizarán unhas 40 horas de debate. De tal debate resultará un

 
  Isabel Pérez
O BNG abonda na idea de máxima proximidade á cidadanía. Para coñecer ao que pensa e quere, co que non está de acordo e o que propón o cidadán, púxose en marcha este luns o foro “FQO”, O Futuro que Queremos para Ourense. Nunhas 40 horas de debate aberto con unhas 100 personas, os nacionalistas plantexan a elaboración dun documento no queren coñecer todo o que a veciñanza propón e o aquelo co que non está de acordo
 
 

documento que logo se colgará na web do BNG, sinalou Somoza. Segundo o coordinador do foro as seccións que se establecen son las de Economía e Emprego, Sanidade e Benestar, Sociedade Activa, Proxecto de Cidade e Ecosistema Cultural.

O BNG vai por diante ao ter xa a súa lista completada

Pérez sinalou tamén que o feito de que o BNG poida xa poñer en marcha iniciativas construtivas de este tipo, radica no feito de que a formación nacionalista xa ten completados os 27 integrantes da súa candidatura. Que, ademais, está ratificada íntegramente polo Consello Nacional do partido dende o pasado sábado.
“Agora mesmo o BNG en Ourense vai diante das demais forzas políticas”, sinalou Isabel Pérez, que recordou que na práctica totalidade dos casos só teñen anunciados os cabezas de lista. Tales son os casos do socio no Concello de Ourense, o PSOE, e do Partido Popular, que “polo que sabemos, ten serias dificultades para compoñer a súa candidatura”.

A cabeza de cartaz do BNG, ademais de xefa do Grupo do BNG no Concello de Ourense na actualidade, subliñou na necesidade de que os partidos sustitúan os parámetros cos que ata o de agora moitos viñeron operando, por o coñecemento e a proximidade á cidadanía.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Noticias Relacionadas  
  Ganó la lista más plural y abierta frente a la de Máis Galiza con incrustaciones irmandiñas  
     
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
 
 
HACE HOY UN AÑO 18, LUNES
 
El río sumerge las pozas e inunda el termalismo de Ourense
Termalismo del Concello no divulga la situación real de las termas de Ourense estos días
Alcalde y conselleiro de Infraestructuras abren este lunes la semana de la Alta Velocidade en Ourense
Barbadás reduce las ayudas a los pensionistas para el transporte público
Llega el apagón analógico también a Ourense, con cinco fechas a tener en cuenta
 

 

Añade OuD a tu Google