O portal web de Emigración da Xunta superou as 240.000 visitas no pasado ano, 2010
 
O portal Galicia Aberta en Internet da Secretaría Xeral de Emigración da Xunta de Galicia acadou casi 250.000 visitas e un millón de páxinas vistas no 2010. Uns datos que supoñen un incremento en torno ao 10% con respecto ao ano anterior. Asemade, a incorporación do portal ás rades sociais xa amosa repercusións positivas con Facebook e Twitter
 
 
 
 
 
17 de XANEIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

O portal de Internet Galicia Aberta, dependente da Secretaría Xeral da Emigración, recibíu ao longo do ano 2010 un total de 242.271 visitas, o que supón unha media mensual de 20.189, e diaria de case 664. Datos que, segundo a Secretaría Xeral de Emigración, reflicten un aumento do 9’67 % respecto do ano 2009, pois daquela se recibiran algo máis de 220.000 visitas.
Respecto dos usuarios únicos (é dicir, aqueles que non realizan varias visitas nunha mesma xornada), houbo un aumento aínda maior, ata chegar a un 23’11 por cento. Así, ao longo do 2010 rexistráronse 141.959 usuarios únicos -o que supón 11.823 mensuais ou 389 diarios-, fronte aos 115.311 de 2009.

Aumentou asemade, aínda que de maneira menos substanciosa, o número de páxinas visitadas dentro do portal. En 2010 foron 934.010 as páxinas que recibiron visitas (77.834 por mes, 2.559 por día), fronte ás 898.293 do ano 2009, o que supón unha porcentaxe de aumento do 3’98.
Rexistrouse igualmente un aumento no tempo de permanencia no sitio, cunha media de visita entre tódolos usuarios de 3 minutos e 50 segundos, un 1’54 por cento máis ca en 2009. Naquel ano, os usuarios empregaban o portal da Emigración na contorna dos 3 minutos e 47 segundos.

Canto á procedencia por países, case a metade das visitas proceden de España (49’9 %), cumprindo salientar a importante presenza estatística do segundo país, Arxentina (25’5 %).
De entre os que contan con máis dun 1% de visitantes, séguenlles Uruguai (6’7 %), Brasil (3’7 %), Venezuela (2’9 %), México (1’5 %), Estados Unidos (1’3 %) e Suíza (1’2 %).
Na distribución por cidades de residencia dos visitantes do portal web, á cabeza da listaxe sitúase Bos Aires (con máis de 40.000 visitas, un 16’5 %), seguida de Compostela, A Coruña, Madrid (case 16.000 visitas, un 6’6 %), Montevideo (14.500 visitas, 6 %), Vigo, Pontevedra, Barcelona (case 5.000, o 2 %), Ourense, e Lugo.

A partires destes datos, a Secretaria Xeral de Emigración da Xunta de Galicia considera que o portal Galicia Emigración “está a demostrar a utilidade do seu funcionamento, e o cumprimento dos obxectivos para o que foi creado, pois amosa a importante necesidade de información on line que demanda a diáspora, e serve de canle inmediata de difusión das medidas do departamento” que dirixe Santiago Camba.

Redes sociais

Cabe salientar ademais, que en menos de tres meses (desde a súa creación o 14 de outubro de 2010), o perfil de Galicia Aberta en Facebook xa ten 1.240 adheridos, e 283 no de Twitter, de moi recente creación.
A presenza nestas dúas principais redes sociais serve de conexión (fundamentalmente a través dos teléfonos móbiles e outros dispositivos portátiles) cos galegos da diáspora para lles ofrecer, en tempo real e nas mellores condicións posibles, as novas de relevancia do portal web.

Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
 
HACE HOY UN AÑO 16, SÁBADO
 
Fiscalía desmiente a La Región y al Gobierno de Ourense para evitar, dice, la “alarma social”
Jiménez no se fía y pide la apertura total del Congreso del PP de Ourense a los periodistas
Baltar Pumar reveló que en la capital ourensana hubo “traicións” y “traidores” a su hijo
El Concello de Ourense anuncia tres nuevos centros sociales en A Ponte, O Pino y Ceboliño
Hallados en un basurero ocho cráneos, siete de cabra montesa y uno de muflón
 

 

Añade OuD a tu Google