O Concello de Ourense afronta outra fase da súa proxectada apertura da cidade cara o río Miño
 
Casi 700.000 euros investirá o Concello de Ourense nun novo proxecto de posta en valor das marxes do río Miño. Trátase de “abrir Ourense cara ó río Miño abrindo os paseos cara ó río, potenciando a súa visibilidade, desfrute e contemplación por parte dos ourensáns”, sinalou o titular de Medio Ambiente do Concello, Demetrio Espinosa. O proxecto prevé tamén melloras na zona de baño da Antena, entre outras melloras ao longo do Miño
14 de XANEIRO de 2011: OURENSE DIXITAL

A recuperación e posta en valor das marxes do río Miño ao seu paso pola capital ourensá dará un novo paso coa execución dun novo proxecto de mellora das sendas peonís e as súas zonas de lecer, que desenvolverá o Concello de Ourense. A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou na súa sesión semanal deste xoves o proxecto desta nova intervención, á que o Concello destinará un investimento de casi 700.000 euros, 699.281 exactamente.
Segundo sinala o concelleiro de Medio Ambiente, Demetrio Espinosa, ten como finalidade “abrir Ourense cara ó río Miño, potenciando as condicións de uso e desfrute das súas marxes por parte dos cidadáns, abrindo os paseos cara ó río, potenciando a súa visibilidade, desfrute e contemplación por parte dos ourensáns”.

O proxecto consta, básicamente, de 3 eixos de actuación. Por unha banda, unha actuación integral de renovación silvícola para a mellora paisaxística do contorno natural da senda peonil, con eliminación de maleza e plantas invasoras para mellorar visualmente o entorno e facilitar a visión e desfrute do río por parte dos visitantes.
En segundo lugar, a mellora do trazado da senda peonil, do seu firme nas partes nas que é preciso, con melloras nas zonas de paseo, espacios verdes, mobiliario urbano, e iluminación pública, entre outras intervencións.
Finalemente, o proxecto prevé a renovación e ampliación de zonas de aparcamento e espacios de lecer nas marxes do río. Concretamente, construirase un novo aparcamento na marxe esquerda, nas proximidades da pasarela sita na desembocadura do río Loña, que irá acompañado dunha nova zona axardinada.

O proxecto prevé tamén melloras na zona de baño da Antena, un novo espacio de ocio e lecer para nenos e adultos na marxe esquerda do río, próxima á ponte do Ribeiriño, dotado con zonas axardinadas, mobiliario urbano e xogos infantís, e a mellora do aparcamento de Reza, e da zona de aparcamento sita nas proximidades da pasarela de Outariz.

Son, en definitiva, un conxunto de actuacións que, segundo sinala o concelleiro de Medio Ambiente “están encamiñadas a xerar un maior vínculo entre as zonas de paseos xa existentes e o río Miño, cun especial coidado e salvargarda da riqueza natural do entorno. Realizaremos un tratamento silvícola baseado no respecto ó hábitat do río, especialmente ás zonas de nidificación e aves coa finalidade de compatibilizar a intervención dende o punto de vista da biodiversidade coa mellora das condicións de desfrute do entorno de ribeira por parte dos cidadáns”.

 
Volver atras
Imprimir Página
 
 
 © Copyright OURENSE DIXITAL
 
 
     
  Fotografía : JOSÉ CERDEIRA   
   
  Demetrio Espinosa  
     
 
 
     
 
 
 
 
 
GALICIA, ÚLTIMA HORA
 
 
publicidad
   

 

Añade OuD a tu Google